O curso 2014-15 xa está en
marcha, e no camiño que hai que percorrer, a biblioteca vai acompañarnos.
Polo de agora, as mochilas
viaxeiras xa comezaron a súa viaxe familiar; a "Hora de ler" vén ser
media hora de lectura obrigatoria cada día despois do recreo; as nenas e os
nenos votaron polo lema para identificar o Proxecto deste ano escolar e no
equipo de dinamización da biblioteca estamos escollendo o material para
ambientar os corredores coa temática do noso Proxecto Documental Integrado, que
tratará sobre as árbores e os bosques.
Pouco a pouco, o noso blog tamén
se irá transformando. Ademais de ofrecer recursos para a comunidade educativa,
e de ser un pequeno escaparate das nosas actividades, facilitará enlaces para
que se traballe a educación emocional na familia. Proba diso é a selección de
curtametraxes que se expoñen, e coas que se pode iniciar un interesante diálogo
para entender, por exemplo, que se pode facer por amor, para aceptar as
diferenzas, e para que se descubra a necesidade de colaboración entre todas e
todos.
Claro que falando de
colaboración, non podemos esquecer a axuda gastronómica que nos prestaron
algunhas mamás e algúns papás para celebrar as Xornadas interculturais do curso anterior. Mesmo houbo
quen nos deixou as receitas para que intentaramos coñecer o mundo polos seus
sabores.
Probamos a comezar? Bo proveito!
<div data-configid="11151162/9690308" style="width: 500px; height: 350px;" class="issuuembed"></div><script type="text/javascript" src="//e.issuu.com/embed.js" async="true"></script>