27 feb 2021

CIENTÍFICAS GALEGAS

Desde a biblioteca do noso centro, sempre se enlazaba a celebración do Día Internacional da Muller co de Rosalía, precursora na loita polos dereitos das nosas mulleres. Este curso, ademais, decidimos que se coñecera un pouco máis sobre as científicas cuxas sinopses biográficas aparecen nas bolsas que desde a biblioteca, están en moitas casas. Velaquí, unha sinxela presentación sobre Ángeles Alvariño, destinada ao alumnado de educación infantil; e outra para as nenas e os nenos de primaria. Porque a ciencia, é palabra feminina en todas as súas acepcións.

14 feb 2021

E CHOVEU POESÍA...CON PE E EN PÉ DE PAZ

 Os paraugas do López Ferreiro fixeron caer pingas de esperanza, de solidariedade, de esperanza..., para este ano 2021.

Foi a maneira en que as nenas e os nenos celebraron o Día da paz: con poemas, o xénero literario que mellor define os nosos sentimentos.


No Día da Paz e Non Violencia o alumnado de 5° e 6° de Infantil do López Ferreiro 
tamén se puxo en P de Paz.


Ademais, aproveitamos a data para entregar os premios e diplomas das biografías do Concurso Paralímpico, unha actividade na que as nenas e os nenos demostraron o seu recoñecemento a uns e unhas deportistas que non ocupan portadas, pero que co seu espíritu de superación logran acadar os seus soños. 

E é que a empatía, é a base de calquera sociedade que quere vivir en paz.