12 ene 2023

30 XANEIRO: DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

Desde a biblioteca do noso colexio compartimos con vós as actividades que fixemos para celebrar o Día da Paz: mural con desexos para a Paz do Planeta, mapa con códigos QR con información de persoeiros que loitaron polo medio ambiente e a elaboración dun Kahoot polo alumnado de 6º, realización de símbolos da Paz con material de refugallo..., así como un trivial e un xogo de adiviñar quen dixo a frase, estes publicados no blog do CEIP Santa María do Valadouro.
Hoxe o alumnado que asistiu á biblioteca tivo a oportunidade de facer mandalas e chapas para CELEBRAR O DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA.

8 ene 2023

OS CLUBS DE LECTURA XA EMPEZARON NO PRIMEIRO TRIMESTRE...E SEGUIMOS!!

ENCONTROS LECTORES da Biblioteca Helena Villar. 

 E se queres inscribirte no de xaneiro, mándanos un correo ao enderezo encontroslopezferreiro@gmail.com no que indiques o teu nome e apelidos e o exemplar que desexas reservar.