29 oct 2018

LITERATURA DE MEDO

Aquí tedes as novidades editoriais que compramos para a biblioteca este Samaín...

Non vos asustedes! Olládeas;  veredes que ben as ledes!

15 oct 2018

RADIO ESCOLAR E MOCHILAS VIAXEIRAS.

O curso pasado puxemos en marcha a nosa radio escolar. Este ano seguiremos creando producións, pero necesitamos un logotipo que identifique á nosa emisora: Lulu nas ondas.

 Moitas nenas e nenos do centro presentaron as súas propostas, e agora toca escoller entre as seleccionadas. Para iso, poderedes votar ata o día 24 de outubro, Día das bibliotecas, no que saberemos que logo identificará á nosa radio.

 Grazas por participar!




E para as casas de infantil e de primaria, xa empezaron a rular as mochilas viaxeiras.
Levarán sorpresas? A gozar en familia!