20 nov 2022

VOLVEN OS ENCONTROS LECTORES!!

 


O vindeiro mércores 23 de novembro volvemos citarnos coa lectura:

- Para quen se inicia na lectura, unha obra que axuda a reflexionar sobre as normas que rexen as relacións sociais: Como se di, de  Alvarellos editora, con autoría de Lawrence Schimel e ilustrado por Thiago Lopes.

- E para quen ten autonomía lectora (xerlamente, de 3º para adiante), comentaremos a historia dunha rapaza que cambiou o rumbo da litertura infantil: Pippi Mediaslongas, en calquera das súas versións.

Acompáñanos este mércores ás cinco da tarde. Pode haber sorpresas!

14 nov 2022

PREMIOS II CONCURSO DE PORTAS TERRORÍFICAS

Coa celebración do magosto fixemos entrega na biblioteca dos premios do II CONCURSO DE PORTAS TERRORÍFICAS . Ao alumnado gañador de  educación infantil entregoulle o premio o alumnado gañador de educación primaria, e o alumnado gañador de primaria recibiu o premio dos nenos e nenas de infantil.

Parabéns a todos e todas!








5 nov 2022

Xa temos os carnés do alumnado, profesorado e das aulas. Mirade que chulos quedaron! A gozar cos materiais da biblioteca Helena Villar, o luns empezamos.




 

22 oct 2022

Este mes de outubro continuamos coa formación de usuarios, e tamén entregamos nas aulas libros terroríficos que sirvan de inspiración na decoración das portas para o II concurso de Portas de Terror.



Entregaremos en todas as aulas  as mochilas (infantil) e as bolsas viaxeiras (primaria).


 

5 oct 2022

24 de outubro DÍA DAS BIBLIOTECAS

O día 24 de outubro celébrase o Día dasa Bibliotecas, co lema " Escribir a biblioteca escolar", e nos inauguramos a nosa biblioteca cun programa para coñecela mellor. Ánimo e boas lecturas!

21 jun 2022

ACTIVIDADES DE XUÑO NA BIBLIOTECA HELENA VILLAR

 Este mes realizáronse na biblioteca do cole unhas actividades moi, pero que moi divertidas e creativas. Nunha delas participou o alumnado coas familias e todos e todas gozamos moito.

Aquí déixovos un anaquiño deses momentos.

 



15 jun 2022

CON-CIENCIA-ME recopilación

Para rematar o Proxecto Documental Integrado "CON-CIENCIA-ME", mostramos algunhas das actividades feitas polo alumnado dos distintos niveis. 
A disfrutar co seu valioso e interesante traballo! 
Boas vacacións! 
Equipo Dinamización da biblioteca Escolar.

4 jun 2022

CON-CIENCIA-ME Alumnado de 3 anos

O alumnado de 3 anos, da clase da profe Sara, convertiuse en "pequenos grandes" científicos tinguindo unhas preciosas flores con colorantes. Mirade o resultado!



15 may 2022

CLUB DE LECTURA DO MES DE MAIO


As dúas propostas lectoras para o mes de maio teñen un fío común: a axuda que todas e todos necesitamos nalgún momento.

Premendo na imaxe, aparece a gravación sonora realizada polo alumnado de 6ºB de educación infantil a partir de Luuume!

Xa queda moi pouco para rematar por este curso os programas de Club de lectura e Lectura e familias. Para quedar con ganas de máis, programarase para primeiros de xuño un obradoiro de robótica  e programación para realizar por unidades familiares. E acabaremos xogando coa ciencia mediante unha xincana...Moi pronto recibiredes noticias!

11 may 2022

CON-CIENCIA-ME AULA DAS CORALIAS

A aula das Coralias traballa o magnetismo.

CON-CIENCIA-ME BIODIVERSIDADE

Os alumnos/as de 1ºA visitamos o Centro de Información de Parques e Xardíns situado no parque de Belvís onde se desenvolveu a actividade Biodiversidade e Virus.

Alí coñecemos que é iso de biodiversidade, elaboramos os nosos propios ecosistemas e plantamos piñeiros e carballos ademáis de gozar dunha fermosa xornada asollada no parque.



9 may 2022

CON-CIENCIA-ME. ALUMNADO DE 1º A "O mundo dos microbios" ( CROMA)

O alumnado de 1º A realizou un gran traballo sobre "O mundo dos microbios" coa técnica audiovisual Croma. Mirade, mirade, que interesante!

3 may 2022

AS LINGUAXES AUDIOVISUAIS ENTRAN NA BIBLIOTECA HELENA VILLAR

 

Adaptación do conto A teteira de Kabul coa técnica do "stop motion". Unha nova maneira de animar á lectura, realizada polo alumnado de 6º.


 

2 may 2022

LETRAS GALEGAS 2022

Este ano didícaselle o Día das Letras Galegas a Florencio Delgado, e o alumnado recórdanos unhas pinceladas da súa biografía. Disfrutade! Tamén vos propoñen un reto: atopa a palabra secreta. Queredes comezar?

26 abr 2022

ENTREGA PREMIOS CONCURSO DE POESÍA

Desde hai varios anos convócase durante o mes de marzo un concurso de poesía entre o alumnado do López Ferreiro.

Hoxe, día da entrega dos premios, viviuse con moita emoción aínda que non todos foron gañadores, pero todos os participantes recibiron o seu diploma, a chapa da nosa mascota Lulu e outros agasallos.

Ademais, as autoras e os autores das composicións premiadas en diferentes categorías, levaron un CD de Tanxugueiras e saíron á libraría Couceiro, onde seleccionaron un libro como agasallo. 
Deixámosvos un poema composto polos máis pequeniños, para que disfrutedes.
 
 














 

24 abr 2022

A MÚSICA E A LITERATURA UNÍRONSE NO CLUB DE LECTURA DO MES DE ABRIL

  Unha mensaxe que se estende, unha nena que quere ser bruxa, e o maior xenio da música, xuntáronse en Galicia e en lingua galega para celebrar o mes por excelencia dos libros: o mes de abril.


Pero como en Galicia non pode haber celebración sen música, o cuarteto Mozart á Galega puxo a nota musical traendo como faría calquera meiga a música tradicional galega ao xeito de Mozart ata a nosa biblioteca, a biblioteca de Helena Villar.


OBRADOIROS CON CHARO PITA NA BIBLIOTECA HELENA VILLAR

     Coincidindo cos Día da Poesía e co Día do Teatro, Charo Pita estivo co alumnado do López Ferreiro para animar ao alumnado de 3º a practicar  a lectura expresiva mediante o teatro: a posición do corpo, o volume da voz, a entoación..., e sobre todo, a valoración do traballo colectivo para acadar un obxectivo, foron postos en valor durante as dúas xornadas que Charo estivo con estas nenas e estes nenos.

    Pronto, os resultados hanse apreciar nas súas gravacións de radio.






Pero a lectura expresiva non só é para as nenas e os nenos. As persoas maiores tamén temos técnicas, quizais agochadas, que podemos poñer en práctica: a nosa tradición oral, a afección polas onomatopeas e as repeticións, as cancións...

Todo vale para desenvolver o gusto polo que nos diferenza como humanidade: A PALABRA.
E iso é o que Charo Pita nos transmitiu no Obradoiro de Lectura e familias. Se cadra, dentro de non moito tempo, temos un coro de lectura no López Ferreiro!