13 dic 2021

27 nov 2021

TANXUGUEIRAS: UN RECOÑECEMENTO Á NOSA TRADICIÓN ORAL

 


O lema deste ano nas bibliotecas escolares de Galicia é: A biblioteca escolar ten a palabra. 

Na biblioteca de Lulu, recibimos ás grandes estrelas da música galega do momento, Tanxugueiras. Sabela, Olaia e Aida, transmitiron ao alumnado de 4º o orgullo da nosa lingua e da nosa tradición. Coa súa recompilación de cantigas interpretadas por mulleres, encheron de enerxía e forza positiva a nosa biblioteca, que se reinvindicou coa palabra...En galego!


24 nov 2021

CON-CIENCIA-ME (EXPERIMENTOS)

O alumnado de 5º tamén se animou a facer un experimento. Estes alumnos e alumnas experimentaron co aparato dixestivo.


 

 


CON-CIENCIA-ME (EXPERIMENTOS)

 O alumnado de 2º realizou un experimento químico "Erupción dun volcán". Fixádevos que divertido e interesante resultou.











 

VÍDEOS CURTOS SOBRE CIENCIA

 Miniserie audiovisual de divulgación científica en galego dirixida á infancia, con 8 episodios de 3 minutos de duración cada un. Neles, Toupiña e outros monicreques descubrirán o mundo da ciencia a través de curiosidades sobre a astronomía, a física, a bioloxía, a química ou as matemáticas.

O proxecto conta coa colaboración de persoeiros do ámbito científico de Galicia, como Ángel Carracedo, Minia Manteiga, Elena Vázquez ou Jorge Mira, entre outros.


16 nov 2021

OBRADOIRO CIENTÍFICO

 Esta semana na nosa biblioteca tivemos a sorte de ter entre nos a Mª del Carmen Segura Iglesias, para presentar ao alumnado de segundo un obradoiro científico sobre os glóbulos vermellos, os glóbulos brancos e as plaquetas.

Moi interesante!



 

29 oct 2021

CELEBRANDO O SAMAÍN

  Hoxe entregáronse os premios do" I concurso de portas terroríficas". En educación primaria levou o premio a porta de 3º C e en educación infantil a porta de 5º A.

Parabéns aos premiados!

 




  O alumnado e o profesorado do CEIP López Ferreiro tiveron  un terrorífico traballo que quedou de película. 

 

5 oct 2021

DÍA DAS ESCRITORAS 18 Outubro

 O 18 de Outubro celébrase o Día das Escritoras polo que publicamos unha selección de textos de escritoras galegas feita pola Asesoría de Bibliotecas Escolares.


 

 

 


1 oct 2021

ESTAMOS DE VOLTA

 

Empezamos outubro cunha boa nova, que ten moita relación co Proxecto Documental Integrado ( PDI) que levaremos a cabo este curso e que leva por título " CON-CIENCIA-ME".
 

Parabéns aos cinco!
 

 

26 jul 2021

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DO ALUMNADO QUE NOS DEIXA

 

Sempre hai libros que, dun xeito ou doutro, nos deixan pegada. 

 As nenas e os nenos participantes no club de lectura que se nos van para o instituto, queren amosarnos as lecturas que os marcaron durante a súa estadía no López Ferreiro. Comprobade, durante estes meses de verán, se estades de acordo coas súas propostas. 

 Ademais, amósase un pequeno recordatorio con títulos significativos das autoras que nos honraron coa súa presenza nos clubs de lectura, neste curso escolar tan atípico. Agardamos que sexan do voso interese, pois hai recomendacións para todas as idades. 

 Gozade canto poidades do verán e vémonos en setembro con forzas renovadas. 


 Lulu.




                

25 jun 2021

RECIBIMOS A VISITA DE CHARO PITA

 En calquera biblioteca que se prece, non pode faltar unha historia de piratas. Pero na biblioteca de Lulu, tivemos a honra de recibir a mellor pirata contadora de historias: a Charo Pita! 

Ben agarrada á súa muleta, Charo visitou ás nenas e aos nenos de 4º de primaria con quen, durante catro sesións, desenvolvera o Obradoiro de formación de radio baseado nas Mulleres intrépidas. 

Despois, o alumnado da aula Coralia de educación infantil, amosoulle unha sinxela representación de Velliñas, que tamén teñen gravado como podcast. Como non podía ser doutro xeito, Charo aproveitou a ocasión para contarlles unha historia sobre Silencio...

En definitiva, unha  fantástica visita que nos serviu para despedir as actividades da biblioteca neste curso tan especial. Que dirían sobre el Lebre, Lagarta, Cangrexo, Abella e Vento Norberto? Se ledes Andar aos biosbardos, se cadra podemos deducir algunha idea!😉😉😉😉



10 jun 2021

VISITOUNOS PERE TOBARUELA


Nun curso tan especial, o alumnado de 3º recibiu a visita de Pere Tobaruela, o autor de Catro Pedras Vellas, un dos libros incluídos no Plan Anual de lectura deste nivel.
Pere pasou polas tres clases; respondeulles ás  preguntas das nenas e dos nenos  sobre o proceso creativo, e rematou asinando exemplares.
En definitiva, unha mañá de conto con este catalán que xa é un clásico da nosa literatura infantil e xuvenil.


 

20 may 2021

ISABEL ZENDAL E A EXPEDICIÓN DA VACINA DA VARIOLA

Moitas mulleres anónimas contribuíron a que a ciencia se expandise. No S.XIX, unha muller de Ordes, rexente do Hospital da Caridade da Coruña, axudou a que unha das grandes pandemias da historia, a varíola,  fose erradicada. 

Escoita a súa biografía, elaborada polo alumnado de 6ºA, e comproba canto sabes sobre ela coas seguintes actividades:

8 may 2021

OBRADOIRO DE RADIO EN 6º

A biblioteca de Lulu, en colaboración coa Asamblea Galega de Cooperación pola Paz e con Agareso, promocionou un Obradoiro de radio entre o alumnado de 6º.

As sesións leváronse a cabo en dúas quendas de 100 minutos para cada clase, e nelas participouse dunha  radio solidaria e feminista, aproveitando o traballo que xa se fixera en torno a figura de Isabel Zendal a partires da charla de Lourdes Maceiras, da Universidade de Vigo. 

Deste xeito traballáronse conceptos como a brecha de soños nas nenas ou a necesidade de ter máis referentes femininos en esferas como a ciencia, a política, ou o deporte.

Se premedes na imaxe, podedes escoitar os podcasts, que están albergados en bibliolulu.blogspot.com



25 abr 2021

INFORMACIÓN SOBRE OS PRÓXIMOS CLUBS DE LECTURA.

Para as nenas e os nenos que se inician no mundo da lectura, este é o título proposto no mes por excelencia dos libros:


Ademais, as nenas e os nenos da Aula Coralia, xa teñen a súa adaptación na rede:


 

Información da reunión:

Enlace da reunión:
https://eduxunta.webex.com/eduxunta/j.php?MTID=m846dfac9e9aff8fabc854d71f75a0100
Número de reunión:
121 384 8979
Contrasinal:
sNMXR2FdJ56
Clave de organizador:
75714

23 mar 2021

PRÓXIMOS CLUBS DE LECTURA

Os próximos clubs de lectura van ser moi especiais:

 - Por unha banda, o club de lectura do mes de marzo para nenas e nenos que comezan na técnica lectora, adíase para a volta das vacacións. 

A espera pagará a pena, pois contaremos coa presenza dunha grande na creación e transmisión da literatura: CHARO PITA ESTARÁ CONNOSCO o 7 de abril ás catro e media da tarde. 

Como é difícil conseguir o libro proposto, Velliñas, o alumnado da Aula das Coralias, preséntanos esta lectura colectiva:


     

O enlace para acceder á xuntanza aparece ao premer no cartaz elaborado por Cecilia e Alba, alumnas  de 6º A. 



Ademais, achegamos estes datos por se foran de utilidade:

    • Número de reunión: 121 805 7191                         
    • Contrasinal: vADENJAT568
    • Clave de organizador: 192675


- No encontro lector das nenas e nenos que teñen autonomía lectora, comentaremos un libro de moi fácil lectura, pero cun forte contido social no que se analizará e reflexionará sobre a orixe da celebración do 8M, Día Internacional da Muller. O seu título é Trampa de lume.
Premendo na imaxe que Xoana e mais Iria (alumnas de 6ºA) compuxeron, aparece o enlace Webex para acceder á reunión. Ademais, facilítanse estes datos por se foran necesarios:
  • Número de reunión: 121 252  5694                 
  • Contrasinal: LUME+MARZO-BIBL 




Desde o Equipo de dinamización da biblioteca queremos subliñar que estas actividades teñen como finalidade promocionar a lectura crítica e compartida entre o alumnado, mais tamén crear vínculos afectivos entre as familias e as súas fillas e fillos por medio dos libros. 


Así que maiores, pequenas e pequenos...Todo o mundo queda convidado!







 

19 mar 2021

DÍA DE ROSALÍA

Rosalía de Castro era santiaguesa, así que no López Ferreiro, un curso máis, recordamos a súa biografía en Compostela. 
O alumnado de primaria  estreouse lendo no Teleprompter; o de infantil, puxo as ilustracións aos poemas de escritora e, ademais, explicounas.
Unha actividade na que participaron representantes de todos os niveis. E é que Rosalía de Castro e mais a súa obra, sempre une ás galegas e aos galegos..., aínda que sexa de forma virtual.


   


Educación infantil:


  

2 mar 2021

OBRADOIROS DE RADIO E ROBÓTICA: NOVAS LINGUAXES NA NOSA BIBLIOTECA.

Durante o mes de febreiro iniciamos dúas actividades da nosa biblioteca creativa: un obradoiro de formación de radio e outro de montaxe de robots. 

 No primeiro caso, foron nenas e nenos de cuarto quen participaron de xeito virtual, baixo a dirección dunha das grandes da nosa literatura infantil e xuvenil, e tamén da nosa escea: Charo Pita. 

Coa súa experiencia de contadora de historias, foilles narrando a vida de catro aventureiras: Wangari Maathai, Mary Kingsley, Nelly Bly e Amelia Earhat. Ao mesmo tempo, desenvolveron técnicas de expresión e de lectura que se reflectirán nos programas que proximamente a nosa radio, Lulu nas ondas, emitirá. Polo momento, están a elaborar os guions. 

 Por outra banda, o alumnado de sexto organizouse en pequenos grupos para, durante os recreos, ser quen de compoñer os robots que pronto seguirán as ordes que se lles marque. 

 Novas linguaxes na nosa biblioteca que pretenden achegar outros xeitos de comunicarse e de transmitir a información.

27 feb 2021

CIENTÍFICAS GALEGAS

Desde a biblioteca do noso centro, sempre se enlazaba a celebración do Día Internacional da Muller co de Rosalía, precursora na loita polos dereitos das nosas mulleres. Este curso, ademais, decidimos que se coñecera un pouco máis sobre as científicas cuxas sinopses biográficas aparecen nas bolsas que desde a biblioteca, están en moitas casas. Velaquí, unha sinxela presentación sobre Ángeles Alvariño, destinada ao alumnado de educación infantil; e outra para as nenas e os nenos de primaria. Porque a ciencia, é palabra feminina en todas as súas acepcións.

14 feb 2021

E CHOVEU POESÍA...CON PE E EN PÉ DE PAZ

 Os paraugas do López Ferreiro fixeron caer pingas de esperanza, de solidariedade, de esperanza..., para este ano 2021.

Foi a maneira en que as nenas e os nenos celebraron o Día da paz: con poemas, o xénero literario que mellor define os nosos sentimentos.


No Día da Paz e Non Violencia o alumnado de 5° e 6° de Infantil do López Ferreiro 
tamén se puxo en P de Paz.


Ademais, aproveitamos a data para entregar os premios e diplomas das biografías do Concurso Paralímpico, unha actividade na que as nenas e os nenos demostraron o seu recoñecemento a uns e unhas deportistas que non ocupan portadas, pero que co seu espíritu de superación logran acadar os seus soños. 

E é que a empatía, é a base de calquera sociedade que quere vivir en paz.


20 ene 2021

ESTE 27 DE XANEIRO, REFLEXIÓNS LECTORAS POLA PAZ NOS CLUBS DE LECTURA.

 

A lavandeira de San Simón é o título seleccionado para comentar unha parte da nosa historia e as súas consecuencias. Unha historia baseada en feitos reais que non deixará indeferente a quen a lea.
 Ademais, contaremos coa presenza de Eva Mejuto para responder ás vosas cuestións, e seguro que tamén nos explica como lle chegou a inspiración para esta obra e que foi dos seus personaxes. 
Este é o enlace para acceder á reunión virtual:


Número da reunión: 1216827062

Contrasinal: LAVAND+EVA+21

(Preme na imaxe e atoparás información que Eva Mejuto decidiu compartir)


Para quen se inicia na lectura, traemos un libro clásico, A historia dos bonobos con lentes, ou unha aposta pola igualdade para construír unha sociedade máis igualitaria e, polo tanto, máis xusta.
Se premedes nas imaxe, o alumnado da Aula Coralia xa vos presenta o seu resumo!

E aquí está o enlace para unirvos o mércores 27 de xaneiro. ás catro e media da tarde.
https://eduxunta.webex.com/eduxunta/j.php?MTID=m882c6ab21722d9ed7497589f7d19184e

Número da reunión:
121 903 1557
Contrasinal:
E8Ysp4Gnr3y
Clave de organizador:
361808


Agardámosvos!!!



ESTE 2021, CHOVERÁ POESÍA EN PÉ DE PAZ

O 30 de xaneiro celebraremos o Día da Paz e a non violencia no noso centro. Sabemos que este curso está sendo moi especial, por iso queremos poñer os paraguas en pé de paz para que fagan chover versos de esperanza, de ilusión, de ledicia, de compromiso, de lealdade... 

 Coas vosas composicións decoraremos o patio e os corredores. 

Necesitades inspiración? Se premedes na imaxe, encontraredes algunhas ideas pensadas para o "Día da poesía", pero que en calquera momento e circunstancia se poden aproveitar. Botádelle unha ollada.
Por certo, ese Día tamén Lulu se acordará de facer entrega dos premios do Concurso Paralímpico. Toda unha homenaxe ás e aos deportistas nos que algúns nenos nenos e algunhas nenas souberon identificar os valores do esforzo, da responsabilidade, da superación, da empatía, do respecto...Valores que hai que potenciar calquera día, pero que este ano haberá que premiar polo Día da Paz.