27 mar 2022

OS CLUBS DE LECTURA VOLVERON SAÍR.


Nunha sociedade caracterizada polas imaxes, hai que amosar que nestas tamén existen múltiples lecturas e mensaxes.

Así pois, os Clubs de lectura do CEIP López Ferreiro achegáronse ata a sede de AFundación en Compostela, para analizar a exposición "Indómitas" e celebrar así o Día Internacional da muller. 

Unha maneira máis de achegar outras linguaxes á biblioteca Helena Villar Janeiro, e de compartir unha tarde dando visibilidade a facetas descoñecidas das nosas cantareiras, científicas, deportistas, percebeiras...









 



9 mar 2022

HELENA VILLAR JANEIRO DÁLLE O SEU NOME Á NOSA BIBLIOTECA

A biblioteca de Lulu ten a honra de ceder o seu nome a Helena Villar Janeiro, a escritora e antiga profesora do CEIP López Ferreiro que sempre loitou pola defensa e a dignidade da muller, tendo como bandeira alingua galega. 
 No acto estivo representado o alumnado de todos os niveis do centro, a ANPA, así como compañeiras e compañeiros que compartiron con Helena momentos da súa vida de ensinante. 

 A emoción e os recordos protagonizaron unha emotiva xornada, que a propia Helena resumiu desta fermosísima maneira:







 

RETOS 8 DE MARZO " DÍA DA MULLER"