17 dic 2018

UNHAS SUXESTIÓNS PARA ESTE NADAL

Un ano máis, desde a biblioteca do CEIP López Ferreiro queremos propoñer algunhas suxestións para que non se esqueza a lectura, ou os agasallos en forma de libros, durante estes días de Nadal. Mais nesta ocasión, foi o propio alumnado quen elaborou a selección...Por tanto, seguro que o éxito está asgurado.

MERCADIÑO SOLIDARIO

Un dos obxectivos da biblioteca é fomentar o espírito solidario, ben mediante a selección de lecturas ou mediante a acción e o compromiso de diferentes actividdaes e actitudes. É por iso que se constituíu un grupo solidario entre alumnado de 5º e 6º de educación primaria. E para recordar a solidariedade que deben gobernar as festas que se aveciñan, organizaron un mercadiño solidario, cuxa recadación se destinará á adquisición de material escolar para a escola Apóstolo Santiago de Sarh, no Chad.

8 dic 2018

COMEZARON OS ENCONTROS LECTORES

O 20 de novembro, coincidindo co Día da infancia, comezaron os encontros lectores na nosa biblioteca. Neste caso o libro elixido para comentar foi Matilda, a nena que nos fai reflexionar sobre a educación que recibe, con toda a súa carga de estereotipos.

Os encontros retomarémolos no mes de xaneiro, recordando a un escritor que nos deixou no 2018: Xavier Docampo. O libro seleccionado será un clásico do autor que fixo lectores en galego cando nas escolas había moi pouca literatura infantil e xuvenil escrita na nosa lingua. Estamos a falar de
O armario novo de Rubén.