17 feb 2023

ENTROIDO 2023 "OS GRANDES ECOSISTEMAS TERRESTRES"

No López Ferreiro celebramos o Entroido coa temática do noso Proxecto Documental Integrado “Os grandes ecosistemas terrestres”, facendo un percorrido polo Polo Sur, a selva, o bosque, os animais, a invasión do inimigo número 1 do verán, os piratas defensores dos ecosistemas e recordando que hai que coidar o planeta, posto que está enfermo, e debemos actuar contra os campionatos de caza de raposos, a contaminación, a caza furtiva…, para evitar o desxeo e o cambio climático.

14 feb 2023

14 DE FEBREIRO "AMOR POLA LECTURA"

Na biblioteca do CEIP López Ferreiro celebramos o 14 de febreiro co lema: “Amor pola lectura” regalando ao persoal do centro marcapáxinas de corazón. Tamén durante o recreo, o alumnado que asistiu á mesma confeccionou chapas con este lema. Así mesmo,fixemos un xogo, DOBBlE, con "fermosas palabras" escollidas e escritas polo alumnado.