13 oct 2014

A MOCHILA VIAXEIRA DÁ OS SEUS PRIMEIROS FROITOS.

  As mochilas viaxeiras empezaron xa a rular polas casas, e xa se poden ver algunhas das súas producións.

A partir de xaneiro, os de infantil empezarán a disfrutar delas...Pero haberá sorpresa!

12 oct 2014

INICIAMOS UNHA NOVA ANDAINA.




O curso 2014-15 xa está en marcha, e no camiño que hai que percorrer, a biblioteca vai acompañarnos.

Polo de agora, as mochilas viaxeiras xa comezaron a súa viaxe familiar; a "Hora de ler" vén ser media hora de lectura obrigatoria cada día despois do recreo; as nenas e os nenos votaron polo lema para identificar o Proxecto deste ano escolar e no equipo de dinamización da biblioteca estamos escollendo o material para ambientar os corredores coa temática do noso Proxecto Documental Integrado, que tratará sobre as árbores e os bosques.

Pouco a pouco, o noso blog tamén se irá transformando. Ademais de ofrecer recursos para a comunidade educativa, e de ser un pequeno escaparate das nosas actividades, facilitará enlaces para que se traballe a educación emocional na familia. Proba diso é a selección de curtametraxes que se expoñen, e coas que se pode iniciar un interesante diálogo para entender, por exemplo, que se pode facer por amor, para aceptar as diferenzas, e para que se descubra a necesidade de colaboración entre todas e todos.

Claro que falando de colaboración, non podemos esquecer a axuda gastronómica que nos prestaron algunhas mamás e algúns papás para celebrar as Xornadas  interculturais do curso anterior. Mesmo houbo quen nos deixou as receitas para que intentaramos coñecer o mundo polos seus sabores.

Probamos a comezar? Bo proveito!



<div data-configid="11151162/9690308" style="width: 500px; height: 350px;" class="issuuembed"></div><script type="text/javascript" src="//e.issuu.com/embed.js" async="true"></script>