Neste trimestre recibiremos a visita dalgúns autores que coñecemos polos seus libros.
A primeira en achegarse foi Rosa Huertas, que explicou o proceso creativo ao alumnado de 6º. Tamén o contacontos Iago lle presentou o alumnado de Educación Infantil o conto Augusta e os seus medos.
En marzo, coñeceremos a Manuel Rivas, Gonzalo Moure e Ramón Caride.
Se queredes saber algo máis sobre eles clicade no seu nome.
Comezamos un novo ano, pero aínda temos algunha novidade que mostrar do anterior: as nenas e os nenos de 2º B fixéronnos unha mostra de tradición oral con adiviñas, chistes e trabalinguas...
No mesmo encontro, un papá animouse a participar nos encontros lectores, e, deste xeito tamén coñecemos a historia de Scrooge de forma oral.
Prometemos continuar con estes e outros contacontos no novo ano. Quen se anima?