Os axudantes de 6º deixan os seus chalecos, símbolo das súas funcións. |
-Ao alumnado, que participou nas actividades que se propuxeron, moitas veces ocupando o seu tempo de lecer e facendo actividades que esixen un esforzo a maiores, como foi o caso das e dos axudantes da biblioteca; pero tamén de todas e todos que propuxeron suxestións, e das e dos que prepararon actividades para presentárnolas fóra do noso horario lectivo.
-Ás familias, que souberon motivar na importancia da lectura e da escritura colaborando coas nosas propostas, e mesmo participando en actividades presenciais na biblioteca.
-Ao profesorado, que exerceu de intermediario entre a biblioteca, as familias e o alumnado, e creou estratexias para que as nenas e os nenos se interesaran por aprender a aprender grazas á lectura.
-A Amalia, a secretaria do centro, e á conserxe Sandra, que axudaron a informar e a visibilizar as nosas actividades.
-E grazas, por último, á ponte que nos ensinou a descubrir outras realidades, fantásticas ou reais, a reflexionar e a entender as múltiples formas de vida, é dicir, O LIBRO. Mirade cales nos recomendan algunha xente que se vai este ano do centro:
A exposición dos nosos traballos de investigación.