28 oct 2015
20 oct 2015
UNHA ANDAINA QUE COMEZA
Comezamos no mes de outubro unha nova andaina na biblioteca do CEIP López Ferreiro.
Este curso xa temos algunhas actividades consolidadas: as tardes de Lemos un conto; os Encontros lectores; as mochilas viaxeiras; os préstamos dos libros...
Como proxecto documental común a todo o centro, este ano viaxaremos á historia, a ese momento no que Compostela comezou a desenvolverse como cidade. Pretendemos, deste xeito, coñecer algo máis de distintos puntos, personaxes, tradicións..., do lugar no que vivimos. Por iso o título das diferentes actividades vai ser: A Idade Media en Compostela, unha historia para-lela.
Pouco a pouco iremos informando de distintas actividades, pero polo momento, quedamos cun obradoiro de escritura, no que se pretende que as nenas e nenos coñezan como os escribáns da Idade Media realizaban as súas letras...

Suscribirse a:
Entradas (Atom)