23 feb 2016
24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA
A gran poetisa de Galicia, Rosalía de Castro, naceu en Santiago de Compostela.
Da man dalgunhas das súas composicións, coñeceremos distintos aspectos da súa vida.
17 feb 2016
PREGOEIRAS E PREGOEIROS DE COMPOSTELA: UNHA HISTORIA PARA-LELA. CONTINUAMOS PREGOANDO.
As nenas e os nenos do López Ferreiro seguen a pregoar as súas lecturas. Queredes escoitarlles cales son? Premede no botón e comprobaredes.
2 feb 2016
DÍA DA PAZ 2016
A paz pódese facer e transmitir de múltiples formas: iso é o que tratamos de transmitir coas dúas actividades levadas a cabo na biblioteca.
Miguel Vázquez Freire visitounos, e así soubemos que O home que prantaba árbores foi unha das súas fontes de inspiración, e que non pode existir a paz se primeiramente non respectamos a natureza.
Os máis pequenos, gozaron coa representación de A bruxa Discordia, unha bruxa da que, ao final, soubemos que non era tan mala..., pero había cousas que lle daban alerxia.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)