17 dic 2018
UNHAS SUXESTIÓNS PARA ESTE NADAL
Un ano máis, desde a biblioteca do CEIP López Ferreiro queremos propoñer algunhas suxestións para que non se esqueza a lectura, ou os agasallos en forma de libros, durante estes días de Nadal.
Mais nesta ocasión, foi o propio alumnado quen elaborou a selección...Por tanto, seguro que o éxito está asgurado.
MERCADIÑO SOLIDARIO
Un dos obxectivos da biblioteca é fomentar o espírito solidario, ben mediante a selección de lecturas ou mediante a acción e o compromiso de diferentes actividdaes e actitudes.
É por iso que se constituíu un grupo solidario entre alumnado de 5º e 6º de educación primaria. E para recordar a solidariedade que deben gobernar as festas que se aveciñan, organizaron un mercadiño solidario, cuxa recadación se destinará á adquisición de material escolar para a escola Apóstolo Santiago de Sarh, no Chad.
8 dic 2018
COMEZARON OS ENCONTROS LECTORES
O 20 de novembro, coincidindo co Día da infancia, comezaron os encontros lectores na nosa biblioteca. Neste caso o libro elixido para comentar foi Matilda, a nena que nos fai reflexionar sobre a educación que recibe, con toda a súa carga de estereotipos.
Os encontros retomarémolos no mes de xaneiro, recordando a un escritor que nos deixou no 2018: Xavier Docampo. O libro seleccionado será un clásico do autor que fixo lectores en galego cando nas escolas había moi pouca literatura infantil e xuvenil escrita na nosa lingua. Estamos a falar de
O armario novo de Rubén.

28 nov 2018
25N: DÍA DA NON VIOLENCIA CONTRA A MULLER
O 25 de novembro, Día da non violencia contra a muller, é tamén un día especial para recordar un contido transversal a todas as materias: todas e todos somos iguais en dereitos e deberes. Por que logo a violencia está tan impregnada en actitudes cotiás que case parece non dármonos conta?
Con estas presentación sobre situacións cotiás realizadas polo alumnado de sexto de educación infantil, e coa análise de refráns realizada en sexto de primaria, pretendemos achegar unha reflexión.
E, por suposto, había que representar o recordatorio deste día dun xeito dinámico.
Con estas presentación sobre situacións cotiás realizadas polo alumnado de sexto de educación infantil, e coa análise de refráns realizada en sexto de primaria, pretendemos achegar unha reflexión.
25 de novembro from Carmen165
E, por suposto, había que representar o recordatorio deste día dun xeito dinámico.
18 nov 2018
TRADICIÓN ORAL NA ÁNXEL CASAL
A biblioteca Ánxel organizou un ano máis o Maratón de tradición oral.
O alumnado do CEIP López Ferreiro de 6º de educación infantil e mais o de primeiro de primaria (con acompañamento musical de sexto), levaron as súas mostras, recollidas entre as familias.
O alumnado do CEIP López Ferreiro de 6º de educación infantil e mais o de primeiro de primaria (con acompañamento musical de sexto), levaron as súas mostras, recollidas entre as familias.
4 nov 2018
XA TEMOS LOGOTIPO PARA A NOSA RADIO ESCOLAR
Dentro de moi pouquiño comezará a emitir a nosa radio "Lulu nas ondas".
As nenas e os nenos votaron por un logotipo que identificara a nosa radio...
A final foi moi emocionante e competida ata o último voto, pero so podía haber un debuxo gañador!
As nenas e os nenos votaron por un logotipo que identificara a nosa radio...
A final foi moi emocionante e competida ata o último voto, pero so podía haber un debuxo gañador!
CONCURSO LOGOTIPO RADIO on PhotoPeach
2 nov 2018
29 oct 2018
LITERATURA DE MEDO
Aquí tedes as novidades editoriais que compramos para a biblioteca este Samaín...
Non vos asustedes! Olládeas; veredes que ben as ledes!
Non vos asustedes! Olládeas; veredes que ben as ledes!
15 oct 2018
RADIO ESCOLAR E MOCHILAS VIAXEIRAS.
O curso pasado puxemos en marcha a nosa radio escolar. Este ano seguiremos creando producións, pero necesitamos un logotipo que identifique á nosa emisora: Lulu nas ondas.
Moitas nenas e nenos do centro presentaron as súas propostas, e agora toca escoller entre as seleccionadas. Para iso, poderedes votar ata o día 24 de outubro, Día das bibliotecas, no que saberemos que logo identificará á nosa radio.
Grazas por participar!
E para as casas de infantil e de primaria, xa empezaron a rular as mochilas viaxeiras.
Levarán sorpresas? A gozar en familia!

18 sept 2018
COMEZAMOS UNHA ETAPA MÁIS: A LECTURA TEN MOITAS MIRADAS
Pouco a pouco o curso 2018-19 xa está andando. E, como non podía ser doutro xeito, tamén a biblioteca, centro de recursos do centro para os diferentes proxectos, e lugar de encontro para dinamizar a práctica lectora.
Algunhas prácticas xa están asentadas, e forman parte das rutinas de lectura que cada ano se ofertan. Por exemplo, os nosos encontros lectores, nos que o alumnado e as súas familias opinan e debaten a partires das características dun libro.
Nalgunhas ocasións, temos a oportunidade de comentar coas autoras as súas obras. Así, o curso pasado recibimos a dúas membros da nosa comunidade educativa que nos presentaron as súas novidades editoriais: Rosa Aneiros, explicounos o proceso de creación de A batalla da pequena Chañán Curi Coca; e Montse Pena Presas, quen a partires do seu libro, A voz insurrecta, fíxonos entender a obra e a biografía de María Victoria Moreno doutro xeito.
E ese será o obxectivo do noso Proxecto Documental Integrado para este curso: coñecer como a lectura pode ter moitas miradas... Por iso traeremos ás aulas a publicidade.
3 sept 2018
UN FIN DE CURSO INVESTIGANDO
Unha das adquisicións prioritarias para a nosa biblioteca este curso, era o material dixital.
Con TICTURA, fixemos unha viaxe pola evolución das casas. O proxecto sobre A Casa foi precisamente un dos proxectos traballados polo alumnado de Infantil, para o cal os/as arqueólogos/as deste equipo elaboraron o material e fixeron un obradoiro. O alumnado puido achegarse aos compoñentes que utilizaban na prehistoria e nas civilizacións antigas para construír as vivendas. Con este material, adquirido, xunto con outros, pola biblioteca, as nenas e os nenos de educación infantil conseguiron investigar e coñecer os principios da arqueoloxía.

LETRAS GALEGAS 2018
O curso 2017-18 foi tamén o de María Victoria Moreno. Desde a biblioteca de Lulu quixemos celebralo:
- Desde o mes de febreiro, o alumnado que visitaba a biblioteca podía participar, voluntariamente, nun concurso sobre a vida e a obra de Mª Victoria Moreno. Ao tempo, distribuímos as bolsas das Letras Galegas para que houbera lectura compartidas coas familias.
-
- A finais de maio, no centro celebramos os Maios e As Letras Galegas. E aproveitouse a ocasión para entregar os agasallos ás premiadas e aos premiados.
- E para rematar as nosas actividades das Letras Galegas e da biblioteca, o alumnado de 4º de Educación Infantil, representou para as familias unha adaptación de A festa no faiado.
20 may 2018
Radio Escolar CEIP López Ferreiro
Aquí tedes o programa de radio que se levou a cabo na actividade formativa (PFPP) que desenvolveu gran parte do profesorado e na que participaron todos os niveis educativos do centro.
É un primeiro achegamento para a creación da nosa radio escolar.
É un primeiro achegamento para a creación da nosa radio escolar.
29 abr 2018
DÍA DO LIBRO
Na biblioteca de Lulu celebramos o Día do libro xuntamente coa fin do proxecto sobre os animais extintos, e coa entrega dos premios do concurso de poesía Poenimaladas.
No primeiro caso, as nenas e os nenos expuxeron as súas investigacións ou os seus contos, mediante a técnica do kamishibai, entre diferentes clases. Así, ademais de procurar unha concienciación medioambiental obxecto do noso Proxecto Documental Integrado durante todo o curso, procuramos desenvolver actitudes de respecto cara o traballo realizado entre diferentes grupos.
E o propio día 23 de abril, os participantes do concurso de poesía, acudiron á biblioteca para recoller os galardóns. Nesta convocatoria, batíuse o récord de participación, polo que tamén houbo máis premios ca ningún outro ano.
Día do libro 2018 on PhotoPeach
Todas e todos obtiveron un diploma e un marcapáxinas pola súa participación. Logo, as gañadoras e os gañadores foron recibidos na libraría Couceiro, onde lles explicaron a evolución do proceso de encadernación dos libros. Tamén puideron escoller os libros que querían levar como premios. E os seus poemas publicaranse pola biblioteca de Lulu.

31 mar 2018
FACENDO ARTE CON ROSALÍA
As nenas e os nenos de 1º,2º, 3º e 4º de primaria tiñan estrofas de diferentes poemas de Rosalía. Pero xuntáronse no corredor do biblioteca para ordenalas, ilustralas e lelas.
Unha actividade entre as clases coa que contribuímos a aumentar os "fondos de arte" con Rosalía como protagonista, e coa que, asemade, darase a coñecer a súa obra xa que os resultados exporanse por todo o centro.

29 mar 2018
ROSALÍA INSPIROU O NOSO DÍA DA MULLER
Rosalía de Castro é un referente en moitos eidos. Pero esta muller, que escribiu nunha lingua que non podía ser lida polos seus falantes, e que defendeu a dignidade das mulleres galegas (das soas, das aldraxadas, das viúvas, das que van de romería porque queren pasalo ben, das enganadas, das traballadoras, das literatas...), é tamén o símbolo da muller que loita pola igualdade.
Para refrendar esta idea, o alumnado de educación infantil tivo a sorte de participar nun obradoiro de ilustración dirixido por Ana Costas, ilustradora, á súa vez, de moitos dos libros de Helena Villar e de María do Ceo que nos acompañaron o sete de marzo.
A historia do gato azul que un día pintou María do Cebreiro nunha clase do López Ferreiro, e que a mestra lle tirou á papeleira porque disque que os gatos azuis non existían, serviu de fío condutor para unha mañá inolvidable.
Ademais, o alumnado de educación infantil fixo nesta ocasión de padriños e madriñas da lectura aos maiores. Buscaron información de mulleres destacadas en diversas facetas, e acompañárona de imaxes significativas; localizaron en mapas os seus respectivos países, e finalmente plasmaron e escribiron a información obtida.
E como a deron a coñecer? Presentándoa por grupos rotativos nas clases de quinto. Unha experiencia chea de valores coa que todas e todos aprendemos.
APRENDENDO A PENSAR EN FEMININO on PhotoPeach
28 mar 2018
O DÍA DE ROSALÍA
A mellor maneira de coñecer a Rosalía é léndoa, e facéndoa partícipe das nosas vivencias desde as idades máis temperás. É por iso que o alumnado de quinto, quixo reinvidicar á Rosalía compostelá, e ofreceulle a súa biografía ao alumndo de educación infantil, amosando os lugares da nosa cidade onde a escritora viviu. A presentación intercalouse con poemas escenificados da nosa poetisa máis
universal.
E as familias tamén puideron coñecer a biografía de Rosalía, mais neste caso a técnica empregada por alumnoase alumnos de 3º, 4º e 5º foi o kamishibai.
universal.
E as familias tamén puideron coñecer a biografía de Rosalía, mais neste caso a técnica empregada por alumnoase alumnos de 3º, 4º e 5º foi o kamishibai.
27 mar 2018
VISITAS NA NOSA BIBLIOTECA
Ao longo do trimestre o alumnado de 5º e de 3º coñeceu ás autoras dos seus libros de lectura: María Canosa, Mónica Rodríguez e Ledicia Costas estiveron neste trimestre para comentar as historias que aparecen, respectivamente en Rubicundo, Alma y la isla e a Señorita Bubble.
RECIBIMOS VISITAS NA BIBLIOTECA on PhotoPeach
Pero, ademais, o Decano da facultade de Xeografía e Historia, Francisco Durán, tamén nos acompañou. Unha lección universitaria para entender o cambio climático e as súas consecuencias na vida da xente.
18 mar 2018
UN TRIMESTRE PARA RECORDAR: O DÍA DA PAZ
Comezamos o mes de xaneiro enviando ás clases presentacións de mulleres gañadoras do Nóbel da Paz.
Pero, asemade, nalgunhas clases desenvolvéronse traballos específicos. Por exemplo, en 5º, buscaron poemas de paz e tamén noticias da prensa para comprobar como se están a respectar os dereitos humanos.
16 feb 2018
ENCONTROS LECTORES: VISITOUNOS ROSA ANEIROS E XA TEMOS OUTRO ENCONTRO PROGRAMADO.
O día 30 de xaneiro recibimos nos Encontros lectores á escritora Rosa Aneiros.
Comentounos como como partiu de experiencias persoais para a composición de A batalla da pequena Chañán Curi Coca, mais que tamén houbo moitos horas de documentación con plataformas de afectados pola especulación inmobiliaria.
Unha divertida tarde de lectura compartida, coa que aprendemos a mirar cos ollos das nenas e dos nenos as cousas importantes.
E o 27 de febreiro, unha proposta moi distinta: A avoa gánster.
Queres axudarnos a roubar as xoias da coroa británica? Pois vente a compartir a lectura!
25 ene 2018
O ALUMNADO TRABALLOU A ORALIDADE EN LINGUA GALEGA
Grazas á colaboración entre as biblioteca do CEIP López Ferreiro e a Ánxel Casal, as nenas e os nenos de primeiro, de segundo e de quinto recompilaron diferentes mostras de tradición oral que expuxeron no auditorio da biblioteca pública.
V MARATÓN TRADICIÓN ORAL on PhotoPeach
V MARATÓN TRADICIÓN ORAL on PhotoPeach
16 ene 2018
EMPEZAMOS O 2018!
Comezamos o 2018, e o 31 de xaneiro visitaranos a escritora, tamén membro da nosa comunidade educativa, Rosa Aneiros. Con ela, comentaremos o seu libro A batalla da pequena Chañán Curi Coca.
A actividade comezará ás cinco da tarde, na biblioteca do CEIP López Ferreiro.
A actividade comezará ás cinco da tarde, na biblioteca do CEIP López Ferreiro.
Pero tamén temos que recordar algunhas actividades coas que rematamos o ano.
Marco Iglesias, de 1º C, posuidor da rifa número 75, conseguiu a cesta de libros que lle foi entregada polos axudantes da biblioteca entre os aplausos dos asistentes. |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)