18 sept 2018
COMEZAMOS UNHA ETAPA MÁIS: A LECTURA TEN MOITAS MIRADAS
Pouco a pouco o curso 2018-19 xa está andando. E, como non podía ser doutro xeito, tamén a biblioteca, centro de recursos do centro para os diferentes proxectos, e lugar de encontro para dinamizar a práctica lectora.
Algunhas prácticas xa están asentadas, e forman parte das rutinas de lectura que cada ano se ofertan. Por exemplo, os nosos encontros lectores, nos que o alumnado e as súas familias opinan e debaten a partires das características dun libro.
Nalgunhas ocasións, temos a oportunidade de comentar coas autoras as súas obras. Así, o curso pasado recibimos a dúas membros da nosa comunidade educativa que nos presentaron as súas novidades editoriais: Rosa Aneiros, explicounos o proceso de creación de A batalla da pequena Chañán Curi Coca; e Montse Pena Presas, quen a partires do seu libro, A voz insurrecta, fíxonos entender a obra e a biografía de María Victoria Moreno doutro xeito.
E ese será o obxectivo do noso Proxecto Documental Integrado para este curso: coñecer como a lectura pode ter moitas miradas... Por iso traeremos ás aulas a publicidade.
3 sept 2018
UN FIN DE CURSO INVESTIGANDO
Unha das adquisicións prioritarias para a nosa biblioteca este curso, era o material dixital.
Con TICTURA, fixemos unha viaxe pola evolución das casas. O proxecto sobre A Casa foi precisamente un dos proxectos traballados polo alumnado de Infantil, para o cal os/as arqueólogos/as deste equipo elaboraron o material e fixeron un obradoiro. O alumnado puido achegarse aos compoñentes que utilizaban na prehistoria e nas civilizacións antigas para construír as vivendas. Con este material, adquirido, xunto con outros, pola biblioteca, as nenas e os nenos de educación infantil conseguiron investigar e coñecer os principios da arqueoloxía.

LETRAS GALEGAS 2018
O curso 2017-18 foi tamén o de María Victoria Moreno. Desde a biblioteca de Lulu quixemos celebralo:
- Desde o mes de febreiro, o alumnado que visitaba a biblioteca podía participar, voluntariamente, nun concurso sobre a vida e a obra de Mª Victoria Moreno. Ao tempo, distribuímos as bolsas das Letras Galegas para que houbera lectura compartidas coas familias.
-
- A finais de maio, no centro celebramos os Maios e As Letras Galegas. E aproveitouse a ocasión para entregar os agasallos ás premiadas e aos premiados.
- E para rematar as nosas actividades das Letras Galegas e da biblioteca, o alumnado de 4º de Educación Infantil, representou para as familias unha adaptación de A festa no faiado.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)