En calquera biblioteca que se prece, non pode faltar unha historia de piratas. Pero na biblioteca de Lulu, tivemos a honra de recibir a mellor pirata contadora de historias: a Charo Pita!
Ben agarrada á súa muleta, Charo visitou ás nenas e aos nenos de 4º de primaria con quen, durante catro sesións, desenvolvera o Obradoiro de formación de radio baseado nas Mulleres intrépidas.
Despois, o alumnado da aula Coralia de educación infantil, amosoulle unha sinxela representación de Velliñas, que tamén teñen gravado como podcast. Como non podía ser doutro xeito, Charo aproveitou a ocasión para contarlles unha historia sobre Silencio...
En definitiva, unha fantástica visita que nos serviu para despedir as actividades da biblioteca neste curso tan especial. Que dirían sobre el Lebre, Lagarta, Cangrexo, Abella e Vento Norberto? Se ledes Andar aos biosbardos, se cadra podemos deducir algunha idea!😉😉😉😉