26 abr 2022

ENTREGA PREMIOS CONCURSO DE POESÍA

Desde hai varios anos convócase durante o mes de marzo un concurso de poesía entre o alumnado do López Ferreiro.

Hoxe, día da entrega dos premios, viviuse con moita emoción aínda que non todos foron gañadores, pero todos os participantes recibiron o seu diploma, a chapa da nosa mascota Lulu e outros agasallos.

Ademais, as autoras e os autores das composicións premiadas en diferentes categorías, levaron un CD de Tanxugueiras e saíron á libraría Couceiro, onde seleccionaron un libro como agasallo. 
Deixámosvos un poema composto polos máis pequeniños, para que disfrutedes.
 
 














 

24 abr 2022

A MÚSICA E A LITERATURA UNÍRONSE NO CLUB DE LECTURA DO MES DE ABRIL

  Unha mensaxe que se estende, unha nena que quere ser bruxa, e o maior xenio da música, xuntáronse en Galicia e en lingua galega para celebrar o mes por excelencia dos libros: o mes de abril.


Pero como en Galicia non pode haber celebración sen música, o cuarteto Mozart á Galega puxo a nota musical traendo como faría calquera meiga a música tradicional galega ao xeito de Mozart ata a nosa biblioteca, a biblioteca de Helena Villar.


OBRADOIROS CON CHARO PITA NA BIBLIOTECA HELENA VILLAR

     Coincidindo cos Día da Poesía e co Día do Teatro, Charo Pita estivo co alumnado do López Ferreiro para animar ao alumnado de 3º a practicar  a lectura expresiva mediante o teatro: a posición do corpo, o volume da voz, a entoación..., e sobre todo, a valoración do traballo colectivo para acadar un obxectivo, foron postos en valor durante as dúas xornadas que Charo estivo con estas nenas e estes nenos.

    Pronto, os resultados hanse apreciar nas súas gravacións de radio.






Pero a lectura expresiva non só é para as nenas e os nenos. As persoas maiores tamén temos técnicas, quizais agochadas, que podemos poñer en práctica: a nosa tradición oral, a afección polas onomatopeas e as repeticións, as cancións...

Todo vale para desenvolver o gusto polo que nos diferenza como humanidade: A PALABRA.
E iso é o que Charo Pita nos transmitiu no Obradoiro de Lectura e familias. Se cadra, dentro de non moito tempo, temos un coro de lectura no López Ferreiro!




22 abr 2022

23 ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO



 Continuamos a celebración do Día do Libro coa colocación nos aseos de páxinas de libros. Calquera momento é bo para ler!



O alumnado escolleu o seu libro favorito. E os máis maiores escribiron unha frase célebre .

Mostrámosvos uns exemplos.









5 abr 2022

23 de abril: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

O 23 de abril celebramos o Día Internacional do Libro amosando unha breve historia da orixe deste obxecto tan importante na vida de todas e cada unha das persoas.
XOGAMOS?Son un libro. Que libro son? Coñece e practica co alfabeto dactilolóxico.