As dúas propostas lectoras para o mes de maio teñen un fío común: a axuda que todas e todos necesitamos nalgún momento.
Premendo na imaxe, aparece a gravación sonora realizada polo alumnado de 6ºB de educación infantil a partir de Luuume!
Xa queda moi pouco para rematar por este curso os programas de Club de lectura e Lectura e familias. Para quedar con ganas de máis, programarase para primeiros de xuño un obradoiro de robótica e programación para realizar por unidades familiares. E acabaremos xogando coa ciencia mediante unha xincana...Moi pronto recibiredes noticias!