24 nov 2022
20 nov 2022
VOLVEN OS ENCONTROS LECTORES!!
O vindeiro mércores 23 de novembro volvemos citarnos coa lectura:
- Para quen se inicia na lectura, unha obra que axuda a reflexionar sobre as normas que rexen as relacións sociais: Como se di, de Alvarellos editora, con autoría de Lawrence Schimel e ilustrado por Thiago Lopes.
- E para quen ten autonomía lectora (xerlamente, de 3º para adiante), comentaremos a historia dunha rapaza que cambiou o rumbo da litertura infantil: Pippi Mediaslongas, en calquera das súas versións.
Acompáñanos este mércores ás cinco da tarde. Pode haber sorpresas!
14 nov 2022
PREMIOS II CONCURSO DE PORTAS TERRORÍFICAS
Coa celebración do magosto fixemos entrega na biblioteca dos premios do II CONCURSO DE PORTAS TERRORÍFICAS . Ao alumnado gañador de educación infantil entregoulle o premio o alumnado gañador de educación primaria, e o alumnado gañador de primaria recibiu o premio dos nenos e nenas de infantil.
Parabéns a todos e todas!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)