17 jun 2023
2 jun 2023
PROGRAMAS QUE ESTÁN CHEGANDO Á SÚA FIN
As nosas actividades da biblioteca fóra do horario lectivo, están chegando á súa fin. Nos encontros lectores, despois da exitosa visita de Paula Carballeira, quedamos con desexos de facer teatro lido. A obra seleccionada foi un título da mesma autora, Somos os monstros.
E así, xuntámonos para representar cada personaxe, tanto de xeito oral, como por medio dos debuxos cos que as nenas e os nenos deseñaron chapas para agasallar ás e aos participantes do club de quen se inicia na lectura.
O día 31 de maio, Charo Pita clausurou o programa de Lectura e familias. Esta escritora, actriz, cantante, contacontos..., desenvolveu na biblioteca Helena Villar un dos seus obradoiros de lectura expresiva.
Baixo o título "Abrazar coas palabras", o alumnado e as familias do López Ferreiro xogaron coa tradición oral, coa rima e coa música. Debullaron álbumes ilustrados sen palabras, crearon historias e sorprendéronse coa selección literaria que Charo nos achegou.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)