O alumnado de 4 anos do CEIP López Ferreiro participou, na biblioteca do centro e grazas ás familias do seu alumnado, nun contacontos para homenaxear a Carlos Casares.
Con esta actividade, a biblioteca quixo pór en valor a figura deste autor, a punto de rematar o ano no que se lle adicou o Día das Letras Galegas. Asemade, contamos para iso coa membro máis noviña da familia Casares, a súa neta.
A neta de Carlos Casares participou na homenaxe ao avó.
Nun contexto de alfabetizacións múltiples, quixemos celebrar o Día das bibliotecas co profesor de Socioloxía da USC , Jorge García Marín, quen nos ofreceu unha interesantísima charla sobre os videoxogos que aparece resumida na seguinte presentación.
Deste xeito, contribuímos tamén á celebración da Semana Mundial da Alfabetización en Medios e Información, proposta pola UNESCO, pero que pretendemos estendela ao longo do curso mediante diferentes boletíns. Velaquí vai o primeiro:
Este martes, día 24 de outubro, celébrase o Día das bibliotecas unha data para recordar a queima da biblioteca de Saraxevo.
Na biblioteca de Lulu temos programada unha tarde especial para as familias, na que expoñeremos as liñas xerais de traballo para este curso, e o profesor da USC, Jorge García Marín, ofreceranos unha charla sobre os videoxogos.
Pero como o traballo na biblioteca é algo continuo, presentamos o vídeo que as nenas e os nenos de terceiro realizaron o curso pasado como remate final do proxecto sobre a fábula que traballaron: "A raposa e as uvas".
Por outra banda, comprobamos como une Rosalía. As nenas e os nenos do CEIP Plurilingüe de Frions en Ribeira, tamén traballaron o poema "Adiós ríos, adiós fontes". Por iso aparecen no segundo vídeo recitando co alumnado de educación infantil do López Ferreiro...