18 mar 2018
UN TRIMESTRE PARA RECORDAR: O DÍA DA PAZ
Comezamos o mes de xaneiro enviando ás clases presentacións de mulleres gañadoras do Nóbel da Paz.
CELEBRANDO O DÍA DA PAZ on PhotoPeach
Pero, asemade, nalgunhas clases desenvolvéronse traballos específicos. Por exemplo, en 5º, buscaron poemas de paz e tamén noticias da prensa para comprobar como se están a respectar os dereitos humanos.
16 feb 2018
ENCONTROS LECTORES: VISITOUNOS ROSA ANEIROS E XA TEMOS OUTRO ENCONTRO PROGRAMADO.
O día 30 de xaneiro recibimos nos Encontros lectores á escritora Rosa Aneiros.
Comentounos como como partiu de experiencias persoais para a composición de A batalla da pequena Chañán Curi Coca, mais que tamén houbo moitos horas de documentación con plataformas de afectados pola especulación inmobiliaria.
Unha divertida tarde de lectura compartida, coa que aprendemos a mirar cos ollos das nenas e dos nenos as cousas importantes.
E o 27 de febreiro, unha proposta moi distinta: A avoa gánster.
Queres axudarnos a roubar as xoias da coroa británica? Pois vente a compartir a lectura!
25 ene 2018
O ALUMNADO TRABALLOU A ORALIDADE EN LINGUA GALEGA
Grazas á colaboración entre as biblioteca do CEIP López Ferreiro e a Ánxel Casal, as nenas e os nenos de primeiro, de segundo e de quinto recompilaron diferentes mostras de tradición oral que expuxeron no auditorio da biblioteca pública.
V MARATÓN TRADICIÓN ORAL on PhotoPeach
V MARATÓN TRADICIÓN ORAL on PhotoPeach
16 ene 2018
EMPEZAMOS O 2018!
Comezamos o 2018, e o 31 de xaneiro visitaranos a escritora, tamén membro da nosa comunidade educativa, Rosa Aneiros. Con ela, comentaremos o seu libro A batalla da pequena Chañán Curi Coca.
A actividade comezará ás cinco da tarde, na biblioteca do CEIP López Ferreiro.
A actividade comezará ás cinco da tarde, na biblioteca do CEIP López Ferreiro.
Pero tamén temos que recordar algunhas actividades coas que rematamos o ano.
| Marco Iglesias, de 1º C, posuidor da rifa número 75, conseguiu a cesta de libros que lle foi entregada polos axudantes da biblioteca entre os aplausos dos asistentes. |
26 dic 2017
MES DA CIENCIA EN GALEGO
TARDE DE CIENCIA
EXPOSICIÓN
As pólas da nosa árbore de exposicións, iranse cubrindo cada vez máis con mulleres que destacaron en diferentes eidos. Trátase, xa que logo, de visibilizar a presenza feminina no progreso dos diferentes ámbitos do saber.
E xa que novembro é o mes da ciencia en galego, unha pequena reseña biográfica para que o noso alumnado coñeza a estas científicas galegas.
UNHA CIENTÍFICA EN CADA COLE
OBRADOIRO DE CIENCIA NA ÁNXEL CASAL O alumnado de quinto asistiu aos Obradoiros de ciencia organizados pola biblioteca Ánxel Casal. Dun xeito lúdico, as nenas e os nenos comprobaron como se produce o cambio climático e as súas consecuencias.
Para rematar o mes galego da ciencia, rendemos unha pequena homenaxe a Anna Atkins e Rosalind Franklin. Para iso, acompañáronnos na biblioteca as investigadoras da USC, Silvia García Rubín e María de la Fuente Freire, con quen, xunto a Fidel Vicente López, nos introducimos na extracción do ADN de diferentes produtos; tamén elaboramos partículas de alxinato e iniciámonos na cianotipia.
E precisamente sobre a cianotipia, Silvia e Fidel deixáronnos unha presentación para que as rapazas e os rapaces se inicien neste apartado da ciencia, independentemente da súa idade.
E precisamente sobre a cianotipia, Silvia e Fidel deixáronnos unha presentación para que as rapazas e os rapaces se inicien neste apartado da ciencia, independentemente da súa idade.
EXPOSICIÓN
As pólas da nosa árbore de exposicións, iranse cubrindo cada vez máis con mulleres que destacaron en diferentes eidos. Trátase, xa que logo, de visibilizar a presenza feminina no progreso dos diferentes ámbitos do saber.
E xa que novembro é o mes da ciencia en galego, unha pequena reseña biográfica para que o noso alumnado coñeza a estas científicas galegas.
OBRADOIRO DE CIENCIA NA ÁNXEL CASAL O alumnado de quinto asistiu aos Obradoiros de ciencia organizados pola biblioteca Ánxel Casal. Dun xeito lúdico, as nenas e os nenos comprobaron como se produce o cambio climático e as súas consecuencias.
17 dic 2017
NA BIBLIOTECA CELÉBRASE O NADAL
O Nadal é unha festa cíclica do ano que tamén ten o seu lugar entre as actividades lectoras da biblioteca.
Así, o vindeiro 18 de decembro sortearase unha cesta con libros: as nenas e os nenos que desde o 15 de novembro levan libros en préstamo, reciben unha rifa. E quen teña o número da rifa, poderá levarse os exemplares.
En caso de que non aparecera o número, repetiríase o sorteo o día seguinte.
Pero o Nadal tamén é un tempo de agasallos. Por iso desde a biblioteca queremosofrecer algunhas suxestións: seguro que o Apalpador, Papá Noel ou os Reis Magos teñen tempo de pasar por algunha libraría.
E o 19, ás cinco e media da tarde, representaremos na biblioteca unha adaptación do libro O Apalpador vs Papá Noel. Teremos algunha novidade? O Nadal sempre é tempo de sorpresas...
BOAS FESTAS!
COMEZAMOS OS ENCONTROS LECTORES
En novembro comezamos os encontros lectores de alumnado e familias, cun clásico que segue a unir as xeracións: Pipi Mediaslongas.
Descubrimos que Pipi, máis que un exemplo dos malos modos infantís como moita xente a quere interpretar, era unha nena autónoma e independente, que nos fai cuestionar principios establecidos na nosa sociedade (aínda que ela, como personaxe, fora creada no 1945).
No mes de decembro, non realizaremos os encontros lectores debido ás actividades de Nadal, pero en xaneiro xa esperamos a visita de Rosa Aneiros co seu libro A batalla da pequena Chañan Curi Coca.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






