18 feb 2017
10 feb 2017
THE ENGLISH'S LIBRARY E XOGO DAS LETRAS GALEGAS
Co ano novo, comezamos dúas actividades novas no tempo da biblioteca:
- The English's library é un xeito de escoitar, ler e falar en inglés a partires do material da biblioteca e no que contamos coa colaboración de Olga, a nosa auxiliar de conversa.
Nesta ocasión, un grupo de nenas e nenos de terceiro memorizou un poema e representárono, manipulando diversos materiais, e todo...IN ENGLISH!
Asemade, comezou o xogo das Letras Galegas, para favorecer a busca de información a partires dos fondos e dos soportes cos que conta a biblioteca.
Aproximadamente cada mes, as nenas e os nenos que acudan a biblioteca durante os recreos, poderán responder a unha pregunta (diferente, segundo o nivel) relacionada con Carlos Casares.
Quen consiga catro fichas de preguntadas acertadas, recibirá un agasallo conmemorativo polo Día das letras galegas.
4 feb 2017
ENCONTRO CON MARÍA SOLAR
María Solar foi a primeira autora que nos visitou este curso. E achegouse ata a nosa biblioteca para falarmos sobre o seu libro As meigas de Lupa, unha historia que ten bastante que ver coa fundación da cidade de Santiago.
A este encontro asistiron lectoras e lectores de moi diferentes idades, polo que María comentou variadas anécdotas relacionadas cos seus libros e puxo un especial fincapé en poñer en valor a literatura infantil e xuvenil. Quizais un tipo de lectura máis considerada noutras latitudes, e non moi lonxanas da nosa.
En definitiva, unha tarde na que descubrimos que a escritura do libro resultara algo máxico para ela, porque todo o que lle foi acontecendo con el foi marabilloso: desde as colaboracións (comezando pola portada), ata o feito de que un músico de sona lle puxera música...
30 DE XANEIRO: DÍA DA PAZ
Nunca sobra recordar, e máis nestes tempos, que sementar a paz e o respecto é unha das aprendizaxes máis difíciles, pero que hai que ir desenvolvendo e fomentando desde que se nace.
Para iso, é importante recordar a figuras históricas que loitaron por defender os nosos dereitos, como o caso de Gandhi, personaxe que se recorda o 30 de xaneiro.
Pero este ano, desde a biblioteca do centro, consideramos que había que reflexionar sobre o que sucede no mundo. Así, elaborouse un boletín de recursos para que se traballara esta data polas clases.
Asemade, ese día, realizouse teatro lido para o alumnado de primaria. Ata terceiro, leuse e representouse o libro La princesa Laca en la lejana Birmania (F. J. Malaval, Proteus editorial), ou como enfrontarse ás tiranías dun xeito pacífico.
DÍA DA PAZ 2017 on PhotoPeach
E para o alumnado de cuarto a sexto, El viaje, unha historia de Francesca Sanna, publicada por Impedimenta, e que amosa o drama dos refuxiados desde a perspectiva dun neno.
Para iso, é importante recordar a figuras históricas que loitaron por defender os nosos dereitos, como o caso de Gandhi, personaxe que se recorda o 30 de xaneiro.
Pero este ano, desde a biblioteca do centro, consideramos que había que reflexionar sobre o que sucede no mundo. Así, elaborouse un boletín de recursos para que se traballara esta data polas clases.
Asemade, ese día, realizouse teatro lido para o alumnado de primaria. Ata terceiro, leuse e representouse o libro La princesa Laca en la lejana Birmania (F. J. Malaval, Proteus editorial), ou como enfrontarse ás tiranías dun xeito pacífico.
DÍA DA PAZ 2017 on PhotoPeach
E para o alumnado de cuarto a sexto, El viaje, unha historia de Francesca Sanna, publicada por Impedimenta, e que amosa o drama dos refuxiados desde a perspectiva dun neno.
19 ene 2017
DE PASEO COA MITOLOXÍA...TODO UN ÉXITO
A cidade de Compostela pode aproveitarse como recurso iconográfico para buscar outra maneira de ler.
Isto é o que pensaron en 6º, e puxéronse mans á obra e pés pola cidade para localizar, investigar e reelaborar información sobre a mitoloxía que aparece nalgúns edificios.
Como resultado, este proxecto foi premiado no concurso A función social do patrimonio que convocan as cidades patrimonio da humanidade españolas, e, por tanto, o noso centro será o representante do concello de Santiago de Compostela.
Así, nós tamén recibiremos ao seleccionado por Toledo, e a finais de marzo iremos coñecer a cidade de Segovia...
Xa estamos preparando as maletas...!
PROGRAMA DE HABILIDADES SOCIAIS
Desde a biblioteca do centro,
queremos ofrecer este curso unha nova actividade que amplíe e complemente
algúns traballos que xa se están a desenvolver.
Hai un grupo de nenas e nenos de 6º que forman parte xa do Grupo Solidario, que se está reunindo cada venres, no
recreo, para informarse, formar, e ser quen de organizar campañas e actividades
solidarias en colaboración con distintas ONGs. A primeira campaña que están a
poñer en marcha é: Por un consumo
responsable
Coas nenas e os nenos de 5º, levaremos a cabo unha proposta para traballar as habilidades sociais. Pensamos que son una ferramenta ao servizo
dun modelo de convivencia pacífico baseado na participación, na colaboración e
no diálogo.
A nosa intención é que a
biblioteca sexa, aínda máis, un espazo colectivo dinámico de recursos e
servizos, de integración, de promoción de actitudes reflexivas e críticas, de
articulación de materiais e de procesos pedagóxicos.
17 ene 2017
UNHA ROTA PARA COÑECER A ORIXE DA NOSA LITERATURA
Un dos contidos curriculares en 5º e 6º, é o de coñecer as principais formas de expresión literaria en lingua galega.
Por iso, e aproveitando que o noso centro se encontra nunha cidade de orixe medieval como Santiago de Compostela, aproveitamos que a profesora especialista da materia na USC, Mª Isabel Cabanas Morán, tiña a ben facer unha pequena rota co alumnado de 6º, para coñecer algúns dos trobadores máis representativos relacionados coa nosa cidade.
E é que tal como se demostra no libro O amor que eu levei de Santiago, Compostela foi centro internacional das letras medievais e por aquí andaron e compuxeron as súas cantigas Airas Nunes, Bernal de Bonaval, Fernando Esquio, Joám Airas, Joám Vásquez, Pai Gomes Charinho, Pedro Amigo de Sevilha, Pero da Ponte, Pero Garcia de Ambroa, Sancho Sanches, Rui Fernandes, Afonso Eanes do Cotón, Pai da Cana, Pero Meogo, Osorio Eanes...
Antes da saída, o alumnado preparou as cantigas na clase, analizando o seu contido e as súas características métricas. Tamén se deseñaron xogos para representar nos distintos puntos da rota (buscas dos tesouros, ordenar estrofas, cantalas a ritmo de rap...), e finalmente visitouse a biblioteca América da USC, onde nos amosaron auténticas xoias medievais como o Libro de horas de Fernando I, datado en torno ao 1055 e considerado o libro máis antigo de Compostela.
Pero todo o anterior non tería sentido se non servira de inspiración para as novas creadoras e creadores. Por iso, ao final, compuxeron cantigas que quizais sexa a orixe dunha nova corrente neotrobadoresca...
En definitiva, todo un exemplo de colaboración entre a biblioteca e a nosa comunidade educativa, representada nesta ocasión pola profesora Isabel Morán e pola directora da biblioteca universitaria Mabela Rey, e que se resume no seguinte vídeo:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)