Durante este curso, desde a biblioteca escolar puxemos en marcha un obradoiro de radio grazas á colaboración de AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios. Durante seis obradoiros,alumnas e alumnos de 5º e 6º de Primaria, achegáronse á solidariedade e á colaboración a través
das ondas radiofónicas.
Se premes neste enlace, comprobarás que neste programa retrátase o drama que viven os refuxiados cun relato, entrevístase á ONG Enxeñeiros Sen Fronteiras, elabóranse cuñas para lembrar os dereitos dos nenos e escoitamos as enquisas realizadas ao alumnado dunha cidade patrimonio, Toledo.
24 may 2017
26 abr 2017
ABRIL: MES DOS LIBROS
Abril é o mes por excelencia dos libros, xa que o día tres celébrase o Día do libro infantil e xuvenil, e o vinte e tres, o Día do libro.
Pero estas datas non terían razón de ser se non houbera lectoras e lectores, se non houbera autoras e autores, e sobre todo, se non houbera unhas ideas personalizadas que compartir.
O alumnado de sexto coñeceu a Tomás González Ahola e Héctor Cajaraville, autores, respectivamente, de Alaia e a deusa e de Quen dá a quenda. Os de segundo e terceiro tiveron unha longa sesión con Xelís de Toro, de quen leran O trompetista e a Lúa e O gato fantasma.
Unhas sesións que sempre recordarán e que, de seguro, desenvolverán o seu gusto por achegarse á linguaxe escrita.
23 abr 2017
SOMOS UNHA BIBLIOTECA SOLIDARIA
Nunha biblioteca aberta á comunidade educativa establécense múltiples relacións entre os seus compoñentes. Por iso é tan necesario fomentar hábitos de responsabilidade, de empatía, de colaboración e de sociabilidade entre os seus compoñentes.
Para desenvolver e potenciar estes obxectivos. o alumnado de quinto, dirixido pola profesora Rosa Suárez Veiga, participou nun Obradoiro de habilidades sociais para a resolución de conflitos. Esta actividade dinamizouse desde a biblioteca escolar a partires da análise e reflexión de diferentes textos, e aquí preséntase un resumo do realizado.
19 abr 2017
A ODISEA EDITADA POLO ALUMNADO DE 4º
Os alumnos e alumnas de cuarto comparten as aventuras de Ulises na Odisea, coas que tanto disfrutaron ...
5 abr 2017
COÑECENDO A ROSALÍA
Porque a mellor maneira de respectar, é coñecéndose...
Esta presentación realizouse grazas á colaboración entre o equipo de dinamización da biblioteca e o equipo TIC do centro.
2 abr 2017
ESTABLECENDO REDES MUSICAIS CON ROSALÍA
O alumnado de 3
anos do CEIP López Ferreiro recibiu o mércores, na biblioteca do centro, a
visita dunha virtuosa do acordeón, Helena Sousa.
Esta moza ourensá formouse
cos mellores profesores galegos e españois e acadou numerosos premios,
nacionais e internacionais. Actualmente estuda na "Haute-École des Arts du
Rhin" (Estrasburgo, Francia) un máster na especialidade de
Interpretación-Acordeón co profesor Pascal Contet.
Helena, que veu
visitar a familia, preparou un pequeno concerto didáctico para o alumnado. Tamén
agasallou os nenos e as nenas da escola musicando a Rosalía, pois sabe que no
centro, e concretamente dende a biblioteca, están a traballar a poesía desta autora.
28 mar 2017
VISITOUNOS HELENA VILLAR
As celebracións na biblioteca foron acumulándose neste mes de marzo: o Día de Rosalía, o Día Internacional da Muller, o Día do teatro, o Día da
poesía, o concurso de Poemitos, o intercambio cultural con escolares de Toledo e Segovia...
Pouco a pouco, iremos expoñendo as diferentes actividades...Pero mentres, aquí vai unha mostra de como as nenas e os nenos de 4º de Educación Infantil desenvolveron esta actividade
dentro da programación da Biblioteca do centro.
A homenaxe tivo por título Mulleres que len/leron e escriben/escribiron, pois o alumnado máis cativo do centro leva todo o curso traballando arredor de figuras da literatura tan importantes como Rosalía de Castro, Ana María Fernández ou Helena Villar.
A homenaxe tivo por título Mulleres que len/leron e escriben/escribiron, pois o alumnado máis cativo do centro leva todo o curso traballando arredor de figuras da literatura tan importantes como Rosalía de Castro, Ana María Fernández ou Helena Villar.
As mestras de Infantil, na procura de materiais e información para achegarlle
ao alumnado sobre este tema, deron cun traballo precisamente de María do
Cebreiro: "As mulleres como lectoras e escritoras en Galicia"
(Consello da Cultura Galega).
Hai que engadir que nai e filla, mestra e alumna, no seu momento, do Colexio López Ferreiro, quedaron encantadas coa homenaxe. O alumnado e as docentes xa agardan un novo encontro!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




