27 feb 2021
CIENTÍFICAS GALEGAS
Desde a biblioteca do noso centro, sempre se enlazaba a celebración do Día Internacional da Muller co de Rosalía, precursora na loita polos dereitos das nosas mulleres. Este curso, ademais, decidimos que se coñecera un pouco máis sobre as científicas cuxas sinopses biográficas aparecen nas bolsas que desde a biblioteca, están en moitas casas.
Velaquí, unha sinxela presentación sobre Ángeles Alvariño, destinada ao alumnado de educación infantil; e outra para as nenas e os nenos de primaria.
Porque a ciencia, é palabra feminina en todas as súas acepcións.
14 feb 2021
E CHOVEU POESÍA...CON PE E EN PÉ DE PAZ
Os paraugas do López Ferreiro fixeron caer pingas de esperanza, de solidariedade, de esperanza..., para este ano 2021.
Foi a maneira en que as nenas e os nenos celebraron o Día da paz: con poemas, o xénero literario que mellor define os nosos sentimentos.
No Día da Paz e Non Violencia o alumnado de 5° e 6° de Infantil do López Ferreiro
tamén se puxo en P de Paz.
Ademais, aproveitamos a data para entregar os premios e diplomas das biografías do Concurso Paralímpico, unha actividade na que as nenas e os nenos demostraron o seu recoñecemento a uns e unhas deportistas que non ocupan portadas, pero que co seu espíritu de superación logran acadar os seus soños.
E é que a empatía, é a base de calquera sociedade que quere vivir en paz.
20 ene 2021
ESTE 27 DE XANEIRO, REFLEXIÓNS LECTORAS POLA PAZ NOS CLUBS DE LECTURA.
A lavandeira de San Simón é o título seleccionado para comentar unha parte da nosa historia e as súas consecuencias. Unha historia baseada en feitos reais que non deixará indeferente a quen a lea.
Ademais, contaremos coa presenza de Eva Mejuto para responder ás vosas cuestións, e seguro que tamén nos explica como lle chegou a inspiración para esta obra e que foi dos seus personaxes.
Este é o enlace para acceder á reunión virtual:
Número da reunión: 1216827062
Contrasinal: LAVAND+EVA+21
(Preme na imaxe e atoparás información que Eva Mejuto decidiu compartir)
Para quen se inicia na lectura, traemos un libro clásico, A historia dos bonobos con lentes, ou unha aposta pola igualdade para construír unha sociedade máis igualitaria e, polo tanto, máis xusta.
Se premedes nas imaxe, o alumnado da Aula Coralia xa vos presenta o seu resumo!
E aquí está o enlace para unirvos o mércores 27 de xaneiro. ás catro e media da tarde.
- https://eduxunta.webex.com/eduxunta/j.php?MTID=m882c6ab21722d9ed7497589f7d19184e
- Número da reunión:
- 121 903 1557
- Contrasinal:
- E8Ysp4Gnr3y
- Clave de organizador:
- 361808
Agardámosvos!!!
ESTE 2021, CHOVERÁ POESÍA EN PÉ DE PAZ
O 30 de xaneiro celebraremos o Día da Paz e a non violencia no noso centro. Sabemos que este curso está sendo moi especial, por iso queremos poñer os paraguas en pé de paz para que fagan chover versos de esperanza, de ilusión, de ledicia, de compromiso, de lealdade...
Coas vosas composicións decoraremos o patio e os corredores.
Necesitades inspiración? Se premedes na imaxe, encontraredes algunhas ideas pensadas para o "Día da poesía", pero que en calquera momento e circunstancia se poden aproveitar. Botádelle unha ollada.
Por certo, ese Día tamén Lulu se acordará de facer entrega dos premios do Concurso Paralímpico. Toda unha homenaxe ás e aos deportistas nos que algúns nenos nenos e algunhas nenas souberon identificar os valores do esforzo, da responsabilidade, da superación, da empatía, do respecto...Valores que hai que potenciar calquera día, pero que este ano haberá que premiar polo Día da Paz.20 dic 2020
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






