21 abr 2023

 Non hai mellor xeito de celebrar o DÍA DO LIBRO que co agasallo dun libro e unha foto con Cervantes. E así o fixemos.

   Tamén pensamos e escribimos cales son os nosos libros favoritos.

17 abr 2023

RETOS CON ESCORNABOTS SOBRE MULLERES GALEGAS

O Equipo da biblioteca está levando a cabo, co alumnado de 4º, 5º e 6º, a actividade que tanto os entusiasmou  o curso pasado: OS RETOS SOBRE MULLERES GALEGAS cos escornabots.

1º.-Empezamos a averiguar o código secreto escribindo os pasos que avanza o escorbabot, o xiro cóntase como 1.

2º.- Comprobamos cun lector de códigos QR que o código coincida co que escribimos, senon é así, volvemos a realizar a actividade dende o principio. Se o código coincide, levantamos a solapa e aparecerá o nome dunha sección da biblioteca.

3º.- Imos a esa sección da biblioteca e buscamos un sobre, no que aparecerá unha pregunta que deberemos responder.

 


4º.-Se os membros do grupo coñecen a resposta, deberán dicirlla ao responsable da actividade, se non a saben, poden informarse no taboleiro onde están expostas as infografías de mulleres galeras.


7 abr 2023

LECTURA E FAMILIAS

 Despois da exitosa saída para coñecer algúns dos lugares onde viviu Rosalía de Castro en Compostela, e a lectura das súas composicións, seguimos coas actividades do programa "Lectura e familias".

O vindeiro 17 de abril, ofrecerase unha actividade das máis demandadas polas familias o curso pasado: o teatro. 

Paula Carballeira visitaranos cun espectáculo para amosar ás persoas adultas e ás crianzas que para cada medo sempre se pode atopar algún remedio...




8 mar 2023

DÍA DE ROSALÍA E 8 M

Celebramos o 8M con Rosalía como protagonista, o alumnado do centro escribiu en tea estrofas de poemas rosalianos con decoracións moi orixinais. Unha actividade para dar a coñecer a súa obra xa que os resultados exporanse polo centro.

6 mar 2023

8 M MULLERES GALEGAS 2

Dende o Equipo de Dinamización da Biblioteca elaborouse un Genially e unhas actividades con 6 mulleres galegas, a partir das infografías feitas polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, para posteriormente facer unhos retos con robots polo alumnado de 4º, 5º e 6º.Aquí tedes esta interesante información:

17 feb 2023

ENTROIDO 2023 "OS GRANDES ECOSISTEMAS TERRESTRES"

No López Ferreiro celebramos o Entroido coa temática do noso Proxecto Documental Integrado “Os grandes ecosistemas terrestres”, facendo un percorrido polo Polo Sur, a selva, o bosque, os animais, a invasión do inimigo número 1 do verán, os piratas defensores dos ecosistemas e recordando que hai que coidar o planeta, posto que está enfermo, e debemos actuar contra os campionatos de caza de raposos, a contaminación, a caza furtiva…, para evitar o desxeo e o cambio climático.