Biblioteca do CEIP López Ferreiro.
Verán do 2015.
Estimadas amigas e amigos:
Nas vacacións que estades gozando, procurade quedar coas vosas compañeiras e cos vosos compañeiros; visitar os parques; saír bailar (despois da primeira peza, pérdese a vergonza); pasear; bañarse na piscina, no río ou na praia; facer manualidades; escribir notas; ir ao cine, ao teatro, a un museo... E visitar algunha biblioteca ou libraría.
Segurísimo que nelas atoparedes material que vos atraia; deixádevos aconsellar, e, como suxestión, aquí neste marcapáxinas indicamos algunhas novidades que podedes consultar...Se o imprimides, faravos de acordante e, despois, aproveitarédelo nas vosas lecturas.
En calquera caso, pasade un moi bo verán.
Bicos de letras a todas e a todos.
Lulu.
No hay comentarios:
Publicar un comentario