Na biblioteca comezamos a recibir a visita das e dos axudantes durante o
mes de setembro para formarse como "formadores de usuarias e usuarios";
en outubro, xa foi o alumnado do centro quen acudiu, e agora en
novembro, tamén os especialistas no mundo da lectura e da súa
interpretación.
Comezou unha mamá, Montse, profesora de literatura infantil na
USC, quen nos ofreceu unha lección ao tempo maxistral e participativa
sobre a vixencia dos contos clásicos na sociedade actual.
No encontro lector deste mes, Beatriz Maceda autora de O álbum de Garrincha, veu desde A Coruña para acompañarnos, descubrir e reflexionar sobre moitos aspectos que comparten a literatura, o mundo do fútbol e a integración social por medio do deporte. Todo un éxito! E ao día seguinte, 25 de novembro, un autor clásico da literatura infantil e xuvenil actual: Gonzalo Moure, quen fixo partícipe ás nenas e nenos de 5º e 6º da súa paixón polos animais a partires de dous libros: Palabras de Caramelo e Fango.

No hay comentarios:
Publicar un comentario