Polo entroido do López Ferreiro, pasaron moitos personaxes medievais: por exemplo, os fantásticos, coma os dragóns de educación infantil; ou os reis e raíñas de cinco anos, aos que acompañaron, facéndolle a corte, os cabaleiros de segundo e os trobadores de primeiro.
Para que non faltara algo que comer e beber, as nenas e nenos de 3º representaron os mesóns medievais.
E neste mundo do medievo, non podían faltar as invasións, que, como estamos en Galicia, viñeron dos viquingos de quinto. Todo foi aderezado coas meigas e feiticeiros de cuarto e os personaxes que, como Robin Hood, representaban a xustiza entre un mundo de pobres.
Unha maneira lúdica de estudar, e de representar tamén, a época medieval.
No hay comentarios:
Publicar un comentario