Na biblioteca realizamos tarefas de animación á lectura; tamén de formación de usuarios, é dicir, de como desenvolverse nunha biblioteca e localizar o material necesario...Pero todo iso, con que finalidade? Para ensinarlles como buscar unha información; para desenvolver entre as nenas e nenos o sentido lúdico que se pode extraer dunha lectura; para favorecer o traballo cooperativo; para potenciar as habilidades creativas e artísticas entre o alumnado...En definitiva, para aprender a aprender.
Os presentes libros virtuais, elaborados grazas ao apoio e colaboración do equipo de novas tecnoloxías do centro, amosan unha parte do labor feito a partires do Proxecto documental integrado no que participa todo o centro: "A Idade Media en Compostela, unha historia para-lela".
Atoparán contos; poemas; mostras de literatura oral; traballos de investigación que versan sobre os oficios medievais, os alimentos desta época, os camiños a Santiago e os seus símbolos...
Así que...Poñan os lectores a funcionar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario