Este curso, o Equipo de dinamización da biblioteca propuxo ás diferentes titorías realizar un maratón de lectura para celebrar o Día da Paz. O título seleccionado foi Malala e o lapis máxico.
Asemade, tamén se decidiu que cada clase investigara sobre unha persoa a quen se lle outorgara o Premio Nóbel da Paz, para logo presentar o seu cartaz e mais a información a todo o alumnado durante o recreo do 30 de xaneiro.
O que non contabamos é que o noso centro se enchera de xornalistas, cámaras e fotógrafos...E é que a propia Conselleira, Carmen Pomar, acabou tamén facendo o maratón de lectura e bailando a Danza da Paz de Mamá Cabra co alumnado.
.
E tamén fomos noticia na TVG, na Televisión Española e por suposto na páxina da Consellería de Educación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario