Neste mes de marzo as lectoras e os lectores do CEIP López Ferreiro comezaron a recibir aos autores dos que previamente leran as súas obras.
Deste xeito, o alumnado de 1º A e de 1º B interaccionou dun xeito moi lúdico con Iago López, autor de O cociñeiro Martiño.
O autor madrileño Pedro Mañas tamén compartiu unha sesión chea de bo humor cos seus lectores e as súas lectoras de sexto. Coñeceron como chegou ao mundo da literatura e respondeu a moitas cuestións sobre a súa obra Apestoso tío Muffin.
E para a próxima semana, actividades lectoras fóra do horario lectivo: a cociña colle receitas na biblioteca e temos, por primeira vez, teatro lido no encontro lector.
No hay comentarios:
Publicar un comentario