Hai agora un ano, o grupo solidario da biblioteca do López Ferreiro organizou un mercadiño solidario para conseguir fondos para a escola “Apóstolo Santiago” do Chad.
A recadación superou todas as nosas expectativas: 950 €!!!
Tal como tiñamos previsto doamos os cartos ao proxecto do santiagués Ismael Piñón; a primeira fase das aulas de primaria xa estaba rematada grazas á colaboración da delegación de Santiago de “Manos Unidas”, polo que a nosa aportación dirixiuse a mercar material escolar ou mercar os almorzos do alumnado de infantil durante 6 meses.
O pasado mes de xullo Ismael Piñón estivo en Santiago e explicounos que como a nosa aportación era tan xenerosa, pediu axuda a unha organización española para completala, e construíron unha casiña destinada aos alumnos e alumnas de infantil. ¡Nada máis e nada menos!
Os pais e nais enviaron un agasallo para nós: unha tea estampada por eles mesmos chea de cor e de agradecemento.
Este curso plantexámonos seguir aprendendo sobre solidariedade, igualdade, desenvolvemento e xustiza.
E seguiremos apoiando a escola de Chad que xa é tamén “a nosa escola”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario