A biblioteca de Lulu, en colaboración coa Asamblea Galega de Cooperación pola Paz e con Agareso, promocionou un Obradoiro de radio entre o alumnado de 6º.
As sesións leváronse a cabo en dúas quendas de 100 minutos para cada clase, e nelas participouse dunha radio solidaria e feminista, aproveitando o traballo que xa se fixera en torno a figura de Isabel Zendal a partires da charla de Lourdes Maceiras, da Universidade de Vigo.
Deste xeito traballáronse conceptos como a brecha de soños nas nenas ou a necesidade de ter máis referentes femininos en esferas como a ciencia, a política, ou o deporte.
Se premedes na imaxe, podedes escoitar os podcasts, que están albergados en bibliolulu.blogspot.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario