Para quen se inicia, o título elixido nesta ocasión foi Selva; un álbum visual galardoado co XIV Premio Compostela de Álbum Ilustrado. As nenas e os nenos descubriron múltiples lecturas grazas a este conto sen letras.
Para as lectoras e lectores autónomos, presentamos Sherlock Holmes e o carbunclo azul, unha historia absorbente coa que, seguro, continuarán a lectura desta saga publicada por Bululú.
E para quen ten xa máis experiencia no mundo lector, O rapaz do vestido foi o título proposto. Pode ser que un neno teña a maior habilidade para xogar ao fútbol, e que a súa grande afección sexan as revistas de moda?
No hay comentarios:
Publicar un comentario