27 mar 2022

OS CLUBS DE LECTURA VOLVERON SAÍR.


Nunha sociedade caracterizada polas imaxes, hai que amosar que nestas tamén existen múltiples lecturas e mensaxes.

Así pois, os Clubs de lectura do CEIP López Ferreiro achegáronse ata a sede de AFundación en Compostela, para analizar a exposición "Indómitas" e celebrar así o Día Internacional da muller. 

Unha maneira máis de achegar outras linguaxes á biblioteca Helena Villar Janeiro, e de compartir unha tarde dando visibilidade a facetas descoñecidas das nosas cantareiras, científicas, deportistas, percebeiras...









 



No hay comentarios:

Publicar un comentario