12 ene 2023

30 XANEIRO: DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

Desde a biblioteca do noso colexio compartimos con vós as actividades que fixemos para celebrar o Día da Paz: mural con desexos para a Paz do Planeta, mapa con códigos QR con información de persoeiros que loitaron polo medio ambiente e a elaboración dun Kahoot polo alumnado de 6º, realización de símbolos da Paz con material de refugallo..., así como un trivial e un xogo de adiviñar quen dixo a frase, estes publicados no blog do CEIP Santa María do Valadouro.
Hoxe o alumnado que asistiu á biblioteca tivo a oportunidade de facer mandalas e chapas para CELEBRAR O DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA.

No hay comentarios:

Publicar un comentario