A biblioteca Helena Villar do CEIP López Ferreiro é un servizo para desenvolver as competencias clave entre o noso alumnado, polo que un dos seus obxectivos e potenciar e promocionar prácticas metodolóxicas activas, cooperativas e inclusivas.
Tendo en conta o anterior, e grazas á contía asignada pola nosa participación no programa Bibliotecas Creativas, o alumnado de 2º e de 4º de educación primaria (un total de cento trece nenas e nenos), desenvolveron un obradoiro de robótica educativa dirixido por Almudena Alonso, de Competencia Dixital.
Durante catro sesións, nun contexto de alfabetización múltiple e cunha metodoloxía baseada no traballo colaborativo, estimularon a súa comunicación lingüística, o razoamento lóxico para chegar a diferentes tesouros e acadar o "pasaporte escornabótico", a creatividade, a investigación, a aprendizaxe manipulativa e o xogo.
Ao premer na imaxe, pode observarse un breve resumo fotográfico destas sesións.