Dúas mulleres representantes da escena galega, Paula Carballeira e Charo Pita, acompañáronnos no mes de abril para amosar os seus recursos, en forma de lectura oral ou escrita, ao alumnado do López Ferreiro.
Deste xeito, Paula ofreceunos o seu espectáculo "Contos para acabar con algún medo". Mediante o humor e a interactuación co público, amousou que o medo é un sentimento que se desenvolve en colectivo, pero que amellor maneira de vencelo é enfrontándose a el.
A súa actuación pudo levarse a cabo grazas ao programa Lectura e familias e tivo lugar no salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación.
Pola súa banda, Charo Pita pasou a mañá do 29 de abril co alumnado de 3º do CEIP López Ferreiro desenvolvendo un obradoiro de lectura expresiva, fundamental para unha boa comunicación e para unha axeitada comprensión dos textos. Este obradoiro enmárcase dentro das accións do programa Radio na biblio.
Partindo de mostras da tradición oral, amosoulles a importancia da postura corporal para a correcta entoación, a importancia dos signos de puntuación e técnicas de vocalización...En definitiva, a perda do medo ao ridículo e o desfrute colectivo que supón a interacción cun texto escrito.
Tanto Paula como Charo, amosaron a súa satisfacción por compartir unhas horas coa nosa comunidade educativa, e sobre todo, porque a lectura dramatizada estea presente na programación de actividades da nosa biblioteca escolar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario