Para celebrar o Día do libro infantil e xuvenil, Marisa Irimia achegouse ao CEIP López Ferreiro, para amosar, ante unha biblioteca ateigada de ouvintes, que os contos serven para unir culturas, pois existen en todas elas.
E así, por medio do kamishibai, presentou “O gato sol”, conto tradicional vietnamita; logo, desde o Chad, tróuxonos a historia de “Por que hai tantas pedras no fondo dos ríos?”. Xa fóra de tempo amosounos “Hans e a princesa”, conto tradicional noruegués.
En definitiva, unha tarde na que grazas ao programa Lectura e familias, reflexionamos sobre
a interculturalidade e na que se fortaleceron os vínculos entre o público
adulto e o máis novo por medio da literatura tradicional; neste caso,
representada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario