As primeiras novidades vanse incorporando á biblioteca de Lulu.
En breve, poderedes levalas en préstamo.
30 oct 2016
30 sept 2016
ÁBRESE A TEMPADA 2016-17
Como todos os anos, a biblioteca de Lulu, que é a da comunidade educativa do CEIP López Ferreiro, abre as súas portas coincidindo coa chegada do mes de outubro.
Xa hai novidades editoriais para recibirvos; están programados pequenos concursos para desenvolver o gusto pola lectura; reservouse un espazo nos horarios para a formación de usuarios...E hai nenas e nenos que coñecen a data reservada para achegarse á biblioteca ou aos obradoiros creativos.
E é que este curso, no que se traballará como Proxecto Documental Integrado as fábulas, os mitos e as lendas, non podía faltar a lembranza a Penélope: calcetando pompóns, chegaremos ata a obra de Carlos Casares.
E para as casas, xa están dispostas as mochilas viaxeiras. Procurouse ter en conta, na medida do posible, as suxestións expostas nos cadernos durante estes cursos. Así, os máis pequenos disporán de máis tempo para tela na casa; e os maiores, poderán xogar dun xeito cooperativo con toda a familia.
Serán distintas maneiras de ler na que estaremos acompañadas e acompañados polos axudantes da biblioteca.
Así que xa sabedes onde Lulu vos agarda: na biblioteca do CEIP López Ferreiro.
8 jun 2016
24 may 2016
7 may 2016
INVESTIGAMOS E CREAMOS LIBROS VIRTUAIS.
Na biblioteca realizamos tarefas de animación á lectura; tamén de formación de usuarios, é dicir, de como desenvolverse nunha biblioteca e localizar o material necesario...Pero todo iso, con que finalidade? Para ensinarlles como buscar unha información; para desenvolver entre as nenas e nenos o sentido lúdico que se pode extraer dunha lectura; para favorecer o traballo cooperativo; para potenciar as habilidades creativas e artísticas entre o alumnado...En definitiva, para aprender a aprender.
Os presentes libros virtuais, elaborados grazas ao apoio e colaboración do equipo de novas tecnoloxías do centro, amosan unha parte do labor feito a partires do Proxecto documental integrado no que participa todo o centro: "A Idade Media en Compostela, unha historia para-lela".
Atoparán contos; poemas; mostras de literatura oral; traballos de investigación que versan sobre os oficios medievais, os alimentos desta época, os camiños a Santiago e os seus símbolos...
Así que...Poñan os lectores a funcionar.
2 may 2016
AUDIO LIBRO: ANACOS DE TRADICIÓN ORAL
A transmisión de historias durante a Idade Media facíase, esencialmente, de xeito oral. O alumnado do López Ferreiro, coa axuda das súas familias, recolleu algunhas desas manifestacións e con elas compúxose este audiolibro. Outra maneira de festexar o Día do libro!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)