13 feb 2022

COMEZAMOS CO NOSO PROGRAMA LECTURA E FAMILIAS


Paco Nogueiras vainos acompañar o vindeiro mércores 16 para abrir as nosas actividades de Lectura e familias. 

A partires do seu espectáculo, analizaremos como introducir a lectura da prensa entre as nenas e os nenos.
Para asistir, debido á situación pandémica, é necesario anotarse, pois hai un aforo limitado para 50 persoas.

 

7 feb 2022

OS NOSOS CLUBS DE LECTURA CONTINÚAN

No mes de xaneiro retomamos as actividades do noso club de lectura. 
 Para quen se inicia, o título elixido nesta ocasión foi Selva; un álbum visual galardoado co XIV Premio Compostela de Álbum Ilustrado. As nenas e os nenos descubriron múltiples lecturas grazas a este conto sen letras.
 Para as lectoras e lectores autónomos, presentamos Sherlock Holmes e o carbunclo azul, unha historia absorbente coa que, seguro, continuarán a lectura desta saga publicada por Bululú. 
 E para quen ten xa máis experiencia no mundo lector, O rapaz do vestido foi o título proposto. Pode ser que un neno teña a maior habilidade para xogar ao fútbol, e que a súa grande afección sexan as revistas de moda?
Calquera opinión, xustificada, ten cabida nos nosos encontros lectores.
 




 

4 feb 2022

DÍA DA PAZ 2022 NO LÓPEZ FERREIRO

Baseándose na lenda de Sadako e as mil grúas, os nenos/as de cada curso fixeron diferentes grúas que engalanaron o noso centro.






13 dic 2021

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Deixámosvos as nosas recomendacións lectoras para o Nadal. Desexamos que gocedes con elas. Bo Nadal!