23 feb 2022
21 feb 2022
13 feb 2022
COMEZAMOS CO NOSO PROGRAMA LECTURA E FAMILIAS
Paco Nogueiras vainos acompañar o vindeiro mércores 16 para abrir as nosas actividades de Lectura e familias.
A partires do seu espectáculo, analizaremos como introducir a lectura da prensa entre as nenas e os nenos.
Para asistir, debido á situación pandémica, é necesario anotarse, pois hai un aforo limitado para 50 persoas.
7 feb 2022
OS NOSOS CLUBS DE LECTURA CONTINÚAN
No mes de xaneiro retomamos as actividades do noso club de lectura.
Para quen se inicia, o título elixido nesta ocasión foi Selva; un álbum visual galardoado co XIV Premio Compostela de Álbum Ilustrado. As nenas e os nenos descubriron múltiples lecturas grazas a este conto sen letras.
Para as lectoras e lectores autónomos, presentamos Sherlock Holmes e o carbunclo azul, unha historia absorbente coa que, seguro, continuarán a lectura desta saga publicada por Bululú.
E para quen ten xa máis experiencia no mundo lector, O rapaz do vestido foi o título proposto. Pode ser que un neno teña a maior habilidade para xogar ao fútbol, e que a súa grande afección sexan as revistas de moda?
4 feb 2022
DÍA DA PAZ 2022 NO LÓPEZ FERREIRO
Baseándose na lenda de Sadako e as mil grúas, os nenos/as de cada curso fixeron diferentes grúas que engalanaron o noso centro.
20 ene 2022
CON-CIENCIA-ME ( EXPERIMENTOS)
O alumnado de infantil da aula Coralia móstranos uns experimentos moi interesantes. Botádelle unha ollada! Seguro que vos entusiasman e énchenvos de ganas de facelos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)