22 abr 2022

23 ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO



 Continuamos a celebración do Día do Libro coa colocación nos aseos de páxinas de libros. Calquera momento é bo para ler!



O alumnado escolleu o seu libro favorito. E os máis maiores escribiron unha frase célebre .

Mostrámosvos uns exemplos.









5 abr 2022

23 de abril: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

O 23 de abril celebramos o Día Internacional do Libro amosando unha breve historia da orixe deste obxecto tan importante na vida de todas e cada unha das persoas.
XOGAMOS?Son un libro. Que libro son? Coñece e practica co alfabeto dactilolóxico.

27 mar 2022

OS CLUBS DE LECTURA VOLVERON SAÍR.


Nunha sociedade caracterizada polas imaxes, hai que amosar que nestas tamén existen múltiples lecturas e mensaxes.

Así pois, os Clubs de lectura do CEIP López Ferreiro achegáronse ata a sede de AFundación en Compostela, para analizar a exposición "Indómitas" e celebrar así o Día Internacional da muller. 

Unha maneira máis de achegar outras linguaxes á biblioteca Helena Villar Janeiro, e de compartir unha tarde dando visibilidade a facetas descoñecidas das nosas cantareiras, científicas, deportistas, percebeiras...









 



9 mar 2022

HELENA VILLAR JANEIRO DÁLLE O SEU NOME Á NOSA BIBLIOTECA

A biblioteca de Lulu ten a honra de ceder o seu nome a Helena Villar Janeiro, a escritora e antiga profesora do CEIP López Ferreiro que sempre loitou pola defensa e a dignidade da muller, tendo como bandeira alingua galega. 
 No acto estivo representado o alumnado de todos os niveis do centro, a ANPA, así como compañeiras e compañeiros que compartiron con Helena momentos da súa vida de ensinante. 

 A emoción e os recordos protagonizaron unha emotiva xornada, que a propia Helena resumiu desta fermosísima maneira:







 

RETOS 8 DE MARZO " DÍA DA MULLER"





 

25 feb 2022

8 DE MARZO "DÍA DA MULLER"

Desde a biblioteca do noso cole, imos celebrar o Día Internacional da Muller ( 8 de marzo) coñecendo un pouquiño máis a algunhas mulleres galegas que destacaron en distintos ámbitos. Velaquí, unhas sinxelas presentacións e unhas actividades.

 

"REIS DO BOSQUE" ALUMNADO DE 1º e 2º DE PRIMARIA

O alumnado de 1º e 2º de primaria saíu do colexio para coñecer, investigar e crear, nunha actividade organizada polo Concello de Santiago sobre as árbores senlleiras de toda España, con motivo da votación internacional que escollerá á mellor árbore de Europa.