17 feb 2023
ENTROIDO 2023 "OS GRANDES ECOSISTEMAS TERRESTRES"
No López Ferreiro celebramos o Entroido coa temática do noso Proxecto Documental Integrado “Os grandes ecosistemas terrestres”, facendo un percorrido polo Polo Sur, a selva, o bosque, os animais, a invasión do inimigo número 1 do verán, os piratas defensores dos ecosistemas e recordando que hai que coidar o planeta, posto que está enfermo, e debemos actuar contra os campionatos de caza de raposos, a contaminación, a caza furtiva…, para evitar o desxeo e o cambio climático.
14 feb 2023
14 DE FEBREIRO "AMOR POLA LECTURA"
Na biblioteca do CEIP López Ferreiro celebramos o 14 de febreiro co lema: “Amor pola lectura” regalando ao persoal do centro marcapáxinas de corazón. Tamén durante o recreo, o alumnado que asistiu á mesma confeccionou chapas con este lema.
Así mesmo,fixemos un xogo, DOBBlE, con "fermosas palabras" escollidas e escritas polo alumnado.
12 ene 2023
30 XANEIRO: DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA
Desde a biblioteca do noso colexio compartimos con vós as actividades que fixemos para celebrar o Día da Paz: mural con desexos para a Paz do Planeta, mapa con códigos QR con información de persoeiros que loitaron polo medio ambiente e a elaboración dun Kahoot polo alumnado de 6º, realización de símbolos da Paz con material de refugallo..., así como un trivial e un xogo de adiviñar quen dixo a frase, estes publicados no blog do CEIP Santa María do Valadouro.
Hoxe o alumnado que asistiu á biblioteca tivo a oportunidade de facer mandalas e chapas para CELEBRAR O DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA.
8 ene 2023
OS CLUBS DE LECTURA XA EMPEZARON NO PRIMEIRO TRIMESTRE...E SEGUIMOS!!
E se queres inscribirte no de xaneiro, mándanos un correo ao enderezo encontroslopezferreiro@gmail. com no que indiques o teu nome e apelidos e o exemplar que desexas reservar.
1 ene 2023
24 nov 2022
20 nov 2022
VOLVEN OS ENCONTROS LECTORES!!
O vindeiro mércores 23 de novembro volvemos citarnos coa lectura:
- Para quen se inicia na lectura, unha obra que axuda a reflexionar sobre as normas que rexen as relacións sociais: Como se di, de Alvarellos editora, con autoría de Lawrence Schimel e ilustrado por Thiago Lopes.
- E para quen ten autonomía lectora (xerlamente, de 3º para adiante), comentaremos a historia dunha rapaza que cambiou o rumbo da litertura infantil: Pippi Mediaslongas, en calquera das súas versións.
Acompáñanos este mércores ás cinco da tarde. Pode haber sorpresas!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
































