Xa vén sendo habitual que, no segundo e terceiro trimestres de curso, nos acompañen diferentes autoras e autores para comentarmos as súas obras, as estratexias que seguen para escribir, o nacemento da súa inquietude lectora e escritora...
O 26 de febreiro, o alumnado de 5º interaccionou sobre estas e outras cuestións con Rosa Aneiros. Os personaxes de Xelís, o guieiro das botellas de mar encheron boa parte da conversa. Pero o que máis lles impactou, foi a relevancia dos microplásticos, e a súa incidencia na contaminación mariña.
Rosa suxeriu ter moito coidado nas praias coas cabichas, paus de chupa-chups, envoltorios, tapóns, bolsas, anacos de redes ou de cordas de nailon, e sobre todo, cos bastonciños de algodón. Ademais de lixar a paisaxe, constitúen un perigo para a fauna e a flora mariña, e por tanto, para os seres humanos, xa que nós alimentámonos delas.
E o 1 de marzo, as nenas e os nenos de 1º, contaron coa presenza de Eva Mejuto, de quen xa tiñan lido o seu gran éxito Dez gatiñas viaxeiras. As gatiñas de Eva, percorren Galiza coas súas mochilas; e as nosas nenas e os nosos nenos, viaxaron compoñendo historias coa autora. E para iso, utilizaron o seu mellor medio: a imaxinación.
Esperamos con ansia xa a Teresa González Costa, a Héctor Cajaraville, a Helena Villar Janeiro, a Pere Tobaruela, a Paula Carballeira..., e a todos vós, as lectoras e os lectores dos seus libros.

No hay comentarios:
Publicar un comentario