23 mar 2021

PRÓXIMOS CLUBS DE LECTURA

Os próximos clubs de lectura van ser moi especiais:

 - Por unha banda, o club de lectura do mes de marzo para nenas e nenos que comezan na técnica lectora, adíase para a volta das vacacións. 

A espera pagará a pena, pois contaremos coa presenza dunha grande na creación e transmisión da literatura: CHARO PITA ESTARÁ CONNOSCO o 7 de abril ás catro e media da tarde. 

Como é difícil conseguir o libro proposto, Velliñas, o alumnado da Aula das Coralias, preséntanos esta lectura colectiva:


     

O enlace para acceder á xuntanza aparece ao premer no cartaz elaborado por Cecilia e Alba, alumnas  de 6º A. 



Ademais, achegamos estes datos por se foran de utilidade:

    • Número de reunión: 121 805 7191                         
    • Contrasinal: vADENJAT568
    • Clave de organizador: 192675


- No encontro lector das nenas e nenos que teñen autonomía lectora, comentaremos un libro de moi fácil lectura, pero cun forte contido social no que se analizará e reflexionará sobre a orixe da celebración do 8M, Día Internacional da Muller. O seu título é Trampa de lume.
Premendo na imaxe que Xoana e mais Iria (alumnas de 6ºA) compuxeron, aparece o enlace Webex para acceder á reunión. Ademais, facilítanse estes datos por se foran necesarios:
  • Número de reunión: 121 252  5694                 
  • Contrasinal: LUME+MARZO-BIBL 




Desde o Equipo de dinamización da biblioteca queremos subliñar que estas actividades teñen como finalidade promocionar a lectura crítica e compartida entre o alumnado, mais tamén crear vínculos afectivos entre as familias e as súas fillas e fillos por medio dos libros. 


Así que maiores, pequenas e pequenos...Todo o mundo queda convidado!







 

19 mar 2021

DÍA DE ROSALÍA

Rosalía de Castro era santiaguesa, así que no López Ferreiro, un curso máis, recordamos a súa biografía en Compostela. 
O alumnado de primaria  estreouse lendo no Teleprompter; o de infantil, puxo as ilustracións aos poemas de escritora e, ademais, explicounas.
Unha actividade na que participaron representantes de todos os niveis. E é que Rosalía de Castro e mais a súa obra, sempre une ás galegas e aos galegos..., aínda que sexa de forma virtual.


   


Educación infantil:


  

2 mar 2021

OBRADOIROS DE RADIO E ROBÓTICA: NOVAS LINGUAXES NA NOSA BIBLIOTECA.

Durante o mes de febreiro iniciamos dúas actividades da nosa biblioteca creativa: un obradoiro de formación de radio e outro de montaxe de robots. 

 No primeiro caso, foron nenas e nenos de cuarto quen participaron de xeito virtual, baixo a dirección dunha das grandes da nosa literatura infantil e xuvenil, e tamén da nosa escea: Charo Pita. 

Coa súa experiencia de contadora de historias, foilles narrando a vida de catro aventureiras: Wangari Maathai, Mary Kingsley, Nelly Bly e Amelia Earhat. Ao mesmo tempo, desenvolveron técnicas de expresión e de lectura que se reflectirán nos programas que proximamente a nosa radio, Lulu nas ondas, emitirá. Polo momento, están a elaborar os guions. 

 Por outra banda, o alumnado de sexto organizouse en pequenos grupos para, durante os recreos, ser quen de compoñer os robots que pronto seguirán as ordes que se lles marque. 

 Novas linguaxes na nosa biblioteca que pretenden achegar outros xeitos de comunicarse e de transmitir a información.