Os próximos clubs de lectura van ser moi especiais:
- Por unha banda, o club de lectura do mes de marzo para nenas e nenos que comezan na técnica lectora, adíase para a volta das vacacións.
A espera pagará a pena, pois contaremos coa presenza dunha grande na creación e transmisión da literatura: CHARO PITA ESTARÁ CONNOSCO o 7 de abril ás catro e media da tarde.
Como é difícil conseguir o libro proposto, Velliñas, o alumnado da Aula das Coralias, preséntanos esta lectura colectiva:
O enlace para acceder á xuntanza aparece ao premer no cartaz elaborado por Cecilia e Alba, alumnas de 6º A.
Ademais, achegamos estes datos por se foran de utilidade:
- Número de reunión: 121 805 7191
- Contrasinal: vADENJAT568
- Clave de organizador: 192675
- No encontro lector das nenas e nenos que teñen autonomía lectora, comentaremos un libro de moi fácil lectura, pero cun forte contido social no que se analizará e reflexionará sobre a orixe da celebración do 8M, Día Internacional da Muller. O seu título é Trampa de lume.
Premendo na imaxe que Xoana e mais Iria (alumnas de 6ºA) compuxeron, aparece o enlace Webex para acceder á reunión. Ademais, facilítanse estes datos por se foran necesarios:
- Número de reunión: 121 252 5694
- Contrasinal: LUME+MARZO-BIBL
Desde o Equipo de dinamización da biblioteca queremos subliñar que estas actividades teñen como finalidade promocionar a lectura crítica e compartida entre o alumnado, mais tamén crear vínculos afectivos entre as familias e as súas fillas e fillos por medio dos libros.
Así que maiores, pequenas e pequenos...Todo o mundo queda convidado!
No hay comentarios:
Publicar un comentario