2 mar 2021

OBRADOIROS DE RADIO E ROBÓTICA: NOVAS LINGUAXES NA NOSA BIBLIOTECA.

Durante o mes de febreiro iniciamos dúas actividades da nosa biblioteca creativa: un obradoiro de formación de radio e outro de montaxe de robots. 

 No primeiro caso, foron nenas e nenos de cuarto quen participaron de xeito virtual, baixo a dirección dunha das grandes da nosa literatura infantil e xuvenil, e tamén da nosa escea: Charo Pita. 

Coa súa experiencia de contadora de historias, foilles narrando a vida de catro aventureiras: Wangari Maathai, Mary Kingsley, Nelly Bly e Amelia Earhat. Ao mesmo tempo, desenvolveron técnicas de expresión e de lectura que se reflectirán nos programas que proximamente a nosa radio, Lulu nas ondas, emitirá. Polo momento, están a elaborar os guions. 

 Por outra banda, o alumnado de sexto organizouse en pequenos grupos para, durante os recreos, ser quen de compoñer os robots que pronto seguirán as ordes que se lles marque. 

 Novas linguaxes na nosa biblioteca que pretenden achegar outros xeitos de comunicarse e de transmitir a información.

No hay comentarios:

Publicar un comentario